O Concello Pleno, en sesión do 12 de xuño de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal para o cambio de uso de parcelas dotacionais dos Rosales, redactado de oficio polos técnicos municipais.
Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.
O que fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de Planeamento, sito na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral de 11.30 a 13.30 horas, de luns a venres.
A Coruña, 14 de xuño de 2000.
Salvador Fernández Moreda
Concelleiro delegado de Urbanismo