Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.824

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPG-1/2000).

O Concello Pleno, en sesión do 12 de xuño de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal relativa ós sectores de solo urbanizable, S-4 Vío e S-9 Centro de Transportes, redactado de oficio polos técnicos municipais.

2. Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

O que fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de Planeamento, sito na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral de 11.30 a 13.30 horas, de luns a venres.

A Coruña, 14 de xuño de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo