Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.823

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto e trámite urxente.

Obxecto: é a contratación por concurso con procedemento aberto e trámite urxente da obra que se indica de seguido, incluída no Plan provincial de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal e rede viaria local 2000 (POS-2000).

Obra: pavimentación de vías na zona antiga de Cedeira.

Orzamento: 17.496.280 pesetas.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Pregos e proxecto: rexerá o prego de condicións tipo aprobado por acordo da deputación provincial o día 31 de marzo de 2000, publicado no BOP nº 77, do 3 de abril, que poderá ser examinado conxuntamente co proxecto na secretaría do concello, durante o prazo de presentación de proposicións e en horas de oficina.

Presentación de proposicións: no Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do concello, en horas de nove a trece, dentro do prazo dos trece días naturais seguintes, contados desde o día seguinte ó da presente publicación no BOP, en tres sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, e coa documentación esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Apertura de proposicións: en acto público, ás trece horas do primeiro mércores hábil seguinte á data en que remate o prazo de presentación de proposicións.

Proposicións: presentaranse axustadas ó seguinte modelo:

Don/a..., con enderezo en..., rúa..., número..., teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) número..., actuando en nome propio (ou en representación de..., DNI ou CIF número..., con enderezo en..., número..., teléfono..), toma parte no concurso con procedemento aberto e trámite urxente para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de pavimentación de vías na zona antiga de Cedeira, e para tales efectos fai constar:

1º Que ofrece o prezo de..., que significa unha baixa de..., en relación co tipo de licitación.

2º Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de cláusulas administravias particulares do presente contrato.

3º Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En..., ... de... de 2000.

O/a licitador/a (asinado e rubricado)

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte na contratación das obras de pavimentación de vías na zona antiga de Cedeira, presentada por...

En..., ... de... de 2000

Os gastos derivados do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

Cedeira, 8 de xuño de 2000.

Xoán Xosé Rodríguez Pérez

Alcalde-presidente