Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto e trámite urxente.

Obxecto: é a contratación por concurso con procedemento aberto e trámite urxente da obra que se indica de seguido, incluída no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servicios de Competencia municipal e rede viaria local 2000 (POS-2000).

Obra: travesía Gaias da Area e redes separativas da rede de sumidoiros e pluviais.

Orzamento: 12.374.571 pesetas.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Pregos e proxecto: rexerá o prego de condicións tipo aprobado por acordo da peputación provincial o día 31 de marzo de 2000, publicado no BOP nº 77, do 3 de abril de 2000, que poderá ser examinado conxuntamente co proxecto na secretaría do concello, durante o prazo de presentación de proposicións e en horas de oficina.

Presentación de proposicións: no Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do concello, en horas de nove a trece, dentro do prazo dos trece días naturais seguintes, contados desde o día seguinte ó da presente publicación no BOP, en tres sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, e coa documentación esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Apertura de proposicións: en acto público, ás trece horas do primeiro mércores hábil seguinte á data en que remate o prazo de presentación de proposicións.

Proposicións: presentaranse axustadas ó seguinte modelo:

Don/a..., con enderezo en..., rúa..., número..., teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) número..., actuando en nome propio (ou en representación de..., DNI ou CIF número..., con enderezo en..., número..., teléfono..), toma parte no concurso con procedemento aberto e trámite urxente para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de travesía Gaias da Area e redes separativas da rede de sumidoiros e pluviais, e para tales efectos fai constar:

1º Que ofrece o prezo de..., que significa unha baixa de..., en relación co tipo de licitación.

2º Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de cláusulas administravias particulares do presente contrato.

3º Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En..., o... de... de 2000.

O/a licitador/a (asinado e rubricado)

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte na contratación das obras de travesía Gaias da Area e redes separativas da rede de sumidoiros e pluviais, presentada por...

En..., o... de... de 2000

Os gastos derivados do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

Cedeira, 8 de xuño de 2000.

Xoán Xosé Rodríguez Pérez

Alcalde-presidente