Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto e subministracións sucesivas, polo trámite de urxencia, para adquisición de moblaxe de oficina con destino á Dirección Provincial de Vigo. (SCS.-43/2000) (7 lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Subministración: adquisición de equipamento de moblaxe de oficina (7 lotes).

Orzamento: cincuenta e nove millóns trescentas cincuenta e dúas mil trescentas pesetas, IVE incluído (59.352.300 ptas. IVE incluído), 356.717,51 euros.

Lote nº 1: cadeiras de traballo xiratorias con rodas e brazos. 16.456.000 ptas., 98.902,55 euros.

Lote nº 2: cadeiras confidente base patín. 7.079.800 ptas., 42.550,45 euros.

Lote nº 3: cadeiras de brazo e confidentes dirección. 2.606.000 ptas., 15.662,38 euros.

Lote nº 4: módulos de descanso e sofás. 1.600.000 ptas., 9.616,19 euros.

Lote nº 5: mesas e armarios. 24.975.000 ptas., 150.102,77 euros.

Lote nº 6: mesas e armarios de dirección. 3.579.000 ptas., 21.510,22 euros.

Lote nº 7: complementos para oficina. 3.056.500 ptas., 18.369,93 euros.

Garantía provisional: a garantía provisional e o 2% do importe de licitación. Ve-lo punto 11 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Forma de adxudicación: concurso público e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de entrega: máximo 30 días.

Admisión de variantes: admítese a presentación de variantes.

Cada licitador poderá presentar proposicións individuais ata un máximo de tres (oferta base máis 2 variantes) e/ou proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dúas.

Solvencia económico-financeira e técnica: ve-lo punto 18 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documento de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifes

to e á disposición dos concursantes, para o seu exame, nos servicios centrais da División de Recursos Económicos; edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do día 6 de xullo de 2000, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais; edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio deste concurso público será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos