Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto de execución do parque eólico Pedra Chantada. (Expediente 028-EOL).

Por Resolución do 21 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, autorizáronse as instalacións electromecánicas e aprobouse o proxecto de execución do parque eólico Pedra Chantada, sendo declarada a utilidade pública, en concreto, das instalacións do devandito parque eólico por Resolución do 7 de xuño de 2000 do conselleiro de Industria e Comercio.

Esta declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no devandito artigo 52 da Lei

de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, cos que non se chegou a un acordo e que se citan no anexo, para que comparezan nos concellos de Muras e Ourol, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación. As afeccións designadas na relación de bens e dereitos implican a expropiación do pleno dominio dos terreos sobre os que se van construí-las instalacións.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podendo acompañar dos seus peritos e dun notario, se o estiman oportuno, cos gastos pola súa conta.

Así mesmo, advírteselles a tódolos interesados afectados que poderán formular alegacións por escrito nesta delegación provincial ata o momento do

levantamento das actas previas, para os únicos efectos de emendar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados.

Desta convocatoria darase traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se lle sinalará día e hora para o levantamento de actas.

Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación.

No expediente expropiatorio asumirá a condición de beneficiaria a empresa Made Energías Renovables, S.A.

Lugo, 15 de xuño de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios de predios que se van expropiar

Obra: parque eólico Pedra Chantada

Concello: Muras

predio

en plano

PropietarioDomicilioTermo

municipal

do predio

Superficie

ha

ClasificaciónLugarLindeiros

11Humberto e Telmo Fernández Chaor/ Canteira de Eirís, nº 6-1º D,

15009 A Coruña

Muras0,0288M/ baixoRecostaN. Ramón Cal

S. Humberto Fernández Chao

L. Resto do predio

O. Resto do predio

19DescoñecidoVilariño-Silán

27836 Muras

Muras7,4500M/ baixoN. Resto do predio e outros

S. Resto do predio

L. Resto do predio

O. Resto do predio

Obra: parque eólico Pedra Chantada

Concello: Ourol.

predio

en plano

PropietarioDomicilioTermo

municipal

do predio

Superficie

ha

ClasificaciónLugarLindeiros

11/1Humberto e Telmo Fernández Chaor/ Canteira de Eirís, nº 6-1º D

15009 A Coruña

Ourol0,0600M/ baixoRecostaN. Ramón Cal

S. Maruja Bouza González

L. Monte veciñal de Vilabuin

O. Máis do mesmo

20Comunidade de montes veciñais en man común de Pena Luisa, Chao do Curro, Pena da Auga, Pedreiro e Chao Lamosa

Presidente: Antonio Fdez. Pico

Leonte-Miñotos

27865 Ourol-Lugo

Ourol4,9180M/ baixoPedra ChantadaN. Resto do predio

S. José Trigo López e outros

L. Resto do predio

O. Resto do predio

25Carmen Costa PérezBesteburiz-Miñotos

27183 Ourol-Lugo

Ourol0,2800M/ baixoCampo de NocedalN. Resto do predio

S. Tomás Hermida López

L. María Pernas Fraga

O. Tomás Hermida López e outra

28José Trigo LópezBesteburiz-Miñotos

27183 Ourol-Lugo

Ourol1,7600M/ baixoCarballidoN. Resto do predio

S. Tomás Hermida López e outra

L. Resto do predio

O. Maribel Mosquera Cora

31Modesto Veiga Ferreiro

Rpte.: Fina Rouco Veiga

Misericordia, 85-2º

27869 Viveiro-Lugo

Ourol0,0200M/ baixoCarballidoN. Resto do predio

S. Resto do predio

L. Jesús Pacios

O. Fina Rouco Veiga

33Asunción Trigo HerbónBesteburiz-Miñotos

27183 Ourol-Lugo

Ourol0,6272M/ baixoCarballidoN. Resto do predio

S. Resto do predio

L. Francisco Pérez Rouco

O.Jesús Pacios Pacios

39Comunidade de montes veciñais en man común de Pena Luisa, Chao do Curro, Pena da Auga, Pedreiro e Chao Lamosa

Presidente: Antonio Fdez. Pico

Leonte-Miñotos

27865 Ourol-Lugo

Ourol2,0600M/ baixoPenido dos MorrosN. Resto do predio

S. José Trigo e José Pena

L. Fina Rouco Veiga

O. José A. Cabeza Blanco

predio

en plano

PropietarioDomicilioTermo

municipal

do predio

Superficie

ha

ClasificaciónLugarLindeiros

43Comunidade de montes veciñais en man común de Pena Luisa, Chao do Curro, Pena da Auga, Pedreiro e Chao Lamosa

Presidente: Antonio Fdez. Pico

Leonte-Miñotos

27865 Ourol-Lugo

Ourol0,2511M/ baixoPenido dos MorrosN. Resto do predio

S. José Pena Costa

L. Monte veciños Cerdeiras

O. Maribel Mosquera Cora

44Comunidade de montes veciñais en man común de Pena Luisa, Chao do Curro, Pena da auga, Pedreiro e Chao Lamosa

Presidente: Antonio Fdez. Pico

Leonte-Miñotos

27865 Ourol-Lugo

Ourol0,3750M/ baixoPenido dos MorrosN. Resto do predio

S. José Barro Canto e outros

L. Resto do predio

O. José Pena Costa

45José Trigo LópezBesteburiz-Miñotos

27183 Ourol-Lugo

Ourol0,2330M/ baixoPena dos CamiñosN. Veciñal de Cerdeiras

S. Resto do predio

L. Resto do predio e Carmen Costa

O. Resto do predio e José Pena

46Carmen Costa PérezBesteburiz-Miñotos

27183 Ourol-Lugo

Ourol0,0672M/ baixoPena dos CamiñosN. Veciñal de Cerdeiras

S. Resto do predio

L. José Pena Costa

O. José Trigo López

50José Barro Canto

Rpte.: Virgilio Barro Casabella

Parroquia de Magazos

27869 Viveiro-Lugo

Ourol3,9720M/ baixoCoto de SinasN. Veciñal de Cerdeiras, resto do predio

S. José Pena Costa e outros, resto do predio

L. Resto do predio

O. Resto do predio

51José Pena CostaBesteburiz-Miñotos

27183 Ourol-Lugo

Ourol0,5700M/ baixoCoto de SinasN. José Barro Canto e outros

S. Resto do predio

L. Resto do predio

O. Resto do predio

52José Barro Canto

Rpte.: Virgilio Barro Casabella

Parroquia de Magazos

27869 Viveiro-Lugo

Ourol6,9200M/ baixoCoto de SinasN. Máis dos mesmos

S. Resto do predio

L. Resto do predio

O. José Pena Costa e outros

54José Trigo LópezBesteburiz-Miñotos

27183 Ourol-Lugo

Ourol0,0600M/ baixoCarballidoN. Resto do predio

S. Resto do predio

L. Regato

O. Regato

56José Trigo LópezBesteburiz-Miñotos

27183 Ourol-Lugo

Ourol0,0700M/ baixoLombo do MedioN. Máis do mesmo. Regato

S. Resto do predio

L. Resto do predio e José Pena

O. José Pena Costa e outros

59Carmen Costa PérezBesteburiz-Miñotos

27183 Ourol-Lugo

Ourol0,0240M/ baixoLombo do MedioN. Resto do predio

S. Resto do predio e outros

L. José Pena Costa

O. Resto do predio