Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.761

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de xuño de 2000, polo que se modifica a relación de postos de traballo do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

A necesidade de adecua-lo cadro de persoal do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller ás súas necesidades de funcionamento, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo do devandito servicio.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do sete de xuño de dous mil, adoptou o seguinte,

ACORDO:

1. Modifica-la vixente relación de postos de traballo do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

2. Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

3. Clasificar como postos de libre designación, de acordo coas motivacións que se especifican, os seguintes:

Código: FA.A01.00.000.15770.001.

Denominación: secretaria (director/a).

Motivación: artigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (Diario Oficial de Galicia nº 232, do 4 de decembro). Posto de confianza.

Código: FA.A01.00.000.15770.025.

Denominación: Sección de Habilitación.

Motivación: posto de especial responsabilidade polo manexo de fondos públicos.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do sete de xuño de dous mil, relativo á modificación da relación de postos de traballo do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dis

poño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO

Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

A vixente relación de postos de traballo dos servicios centrais do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, substitúese pola seguinte:

Servicio Galego de Promoción da Igualdade Home/Muller.

Centro de destino: Servicio Galego de Promoción da Igualdade Home/Muller.

Persoal funcionario

Código do postoDenominaciónVac.Niv.Complem.

específico

Tipo

posto

Forma prov.Gr.Corpo/escalaTitulación

académica

Formación

específica

Observacións

FA.A01.00.000.15770.001SECRETARIA (DIRECTOR/A)NON18556.068NLDCDXERAL

FA.A01.00.000.15770.002POSTO BASE GRUPO DNON12451.800NCDXERAL

FA.A01.00.000.15770.003POSTO BASE GRUPO DSI12451.800NCDXERAL

FA.A01.00.000.15770.004POSTO BASE GRUPO ESI10417.048NCEXERAL

FA.A01.00.000.15770.008OPERADOR DE ORDENADORSI18764.592NCCXERAL (ESCALA INFORMÁTICA)

FA.A01.00.000.15770.010SECRETARIO/ANON302.363.280SLDAXERAL523

FA.A01.00.000.15770.012SECRETARIA (SECRETARIO/A)NON16521.340NCCDXERAL001

FA.A01.00.000.15770.014SERVICIO DE COOPERACIÓN, ESTUDIOS E PROGRAMASNON281.737.708SLDABXERAL

FA.A01.00.000.15770.016SECCIÓN DE ESTUDIOS E PROGRAMASNON251.216.404SCABCXERAL030-209-494-496-505

FA.A01.00.000.15770.017NEGOCIADO ADMINISTRATIVOSI18556.068NCBCDXERAL022

FA.A01.00.000.15770.019SECCIÓN DE COOPERACIÓNNON251.216.404SCABCXERAL501

FA.A01.00.000.15770.020NEGOCIADO ADMINISTRATIVONON18556.068NCBCDXERAL

FA.A01.00.000.15770.022SERVICIO DE ADMINISTRACIÓN XERALNON281.737.708SLDABXERAL

FA.A01.00.000.15770.025SECCIÓN DE HABILITACIÓNSI251.216.404SLDABCXERAL

FA.A01.00.000.15770.026NEGOCIADO ADMINISTRATIVOSI18556.068NCBCDXERAL022-123

Persoal laboral

Centro de destino: Servicio Galego de Promoción da Igualdade Home/Muller.

Código do postoDenominaciónVac.Forma

prov.

GrupoCategoríaTitulación

académica

Formación

específica

Complemento

convenio

Observacións

FA.A01.00.000.15770.031ASISTENTE SOCIALNONCII17
FA.A01.00.000.15770.037CONDUCTORSICIV16

Novo código de formación específica:

496. Licenciado Ciencias da Educación (mérito).