Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.761

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de xuño de 2000, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Escola Galega de Administración Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

A necesidade de adecua-los requisitos dalgúns postos de traballo da Escola Galega de Administración Pública ás súas necesidades de funcionamento, fai necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da devandita escola.

En consecuencia, por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do sete de xuño de dous mil, adoptou o seguinte,

ACORDO:

1. Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Escola Galega de Administración Pública, da Consellería da Presidencia e Administración Pública nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

2. Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do sete de xuño de dous mil, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Escola Galega de Administración Pública, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e

Administración Pública

ANEXO

Consellería da Presidencia e Administración

Pública

Na vixente relación de postos de traballo da Escola Galega de Administración Pública, publicada no DOG nº 227, do 27-11-1995, prodúcense as seguintes modificacións:

Persoal funcionario

Na páxina 8.668:

-No posto co código «PR.A01.00.000.15770.009. XEFE SERVICIO FORMAC. PERFEC. ESPEC. ADMÓN. AUTOM.», na columna: Titulación académica suprímese «2998».

-No posto co código «PR.A01.00.000.15770.014. XEFE SERVICIO ESTUDIOS, INVEST. E PUBLICACIÓNS», na columna: Titulación académica suprímese «2998».

-No posto co código «PR.A01.00.000.15770.016. XEFE SERVICIO SELECC. FORM. PERF. ESPEC. PERS. ADMÓN. LOCAL», na columna: Titulación académica suprímese «2998».