En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia, e durante o prazo de vinte (20) días hábiles, Augas de Galicia someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións estimen pertinentes.
Na súa virtude,
RESOLVO:
1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de reestructuración do aproveitamento hidroeléctrico de Castrelo (minicentral Nuevo Castelo), situado nos concellos de Dumbría e Mazaricos (A Coruña).
2. Para os devanditos efectos informativos, poranse, á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias administrativas:
-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, rúa dos Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).
-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña, Edif. Advos. Monelos, praza de Luis Seoane, 5ª planta, 15008 A Coruña.
-Augas de Galicia Demarcación Centro, Avda. Rodríguez de Viguri, 47, baixo A, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).
-Concello de Dumbría, estrada de Dumbría s/n, 15151 Dumbría (A Coruña).
-Concello de Mazaricos, r/ A Picota, s/n, 15256 Mazaricos (A Coruña).
3. As alegacións formularanse por escrito durante o dito prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e deberán ser presentadas, por duplicado, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nos das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia ou en calquera das dependencias ás que faga referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, dirixidas ó presidente de Augas de Galicia, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Xunta de Galicia, edificio administrativo de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela- indicando a clave do expediente sinalada no encabezamento deste escrito e un enderezo para efectos de notificación.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2000.
Agustín Hernández-Fernández de Rojas
Presidente do organismo autónomo Augas
de Galicia