Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 21 de xuño de 2000 Páx. 9.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2000 pola que se somete a trámite de información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto correspondente á solicitude de autorización administrativa para a modificación das características da concesión do aproveitamento hidroeléctrico da Fervenza para a producción de enerxía eléctrica no río Xallas, situado nos concellos de Dumbría e Mazaricos, provincia da Coruña e promovido por Ferroatlántica, S.L. (Expediente 7/184/6).

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia, e durante o prazo de vinte (20) días hábiles, Augas de Galicia someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións estimen pertinentes.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de reestructuración do aproveitamento hidroeléctrico da Fervenza (minicentral Fervenza II), situado nos concellos de Dumbría e Mazaricos (A Coruña).

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse, á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias administrativas:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, rúa dos Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña, Edif. Advos. Monelos, praza de Luis Seoane, 5ª planta, 15008 A Coruña.

-Augas de Galicia Demarcación Centro, Avda. Rodríguez de Viguri, 47, baixo A, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

-Concello de Dumbría, estrada de Dumbría s/n, 15151 Dumbría (A Coruña).

-Concello de Mazaricos, r/ A Picota, s/n, 15256 Mazaricos (A Coruña).

3. As alegacións formularanse por escrito durante o dito prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e deberán ser presentadas, por duplicado, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nos das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia ou en calquera das dependencias ás que faga referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, dirixidas ó presidente de Augas de Galicia, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Xunta de Galicia, edificio administrativo de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela- indicando a clave do expediente sinalada no encabezamento deste escrito e un enderezo para efectos de notificación.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2000.

Agustín Hernández-Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia