Examinado o expediente instruído por instancia de Marcos Villar Creo, na súa calidade de representante legal da entidade mercantil Grupo Viaxes Aluma, S.L.L., en solicitude de concesión do oportuno título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista.
Resultando que coa referida solicitude se achegou toda a documentación que se indica no artigo 4 e seguintes do Regulamento das axencias de viaxes aprobado polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño.
Considerando que na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, para a obtención do título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista.
Considerando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e as formalidades establecidos legal e regulamentariamente.
Vistos a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, e o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998 da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, a Dirección Xeral de Turismo
RESOLVE:
Concederlle título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista, co nº XG-187, a Grupo Viaxes Aluma, S.L.L., con casa central en Boiro, na Avda. da Constitución, 49-baixo, da que é titular a entidade mercantil Grupo Viaxes Aluma, S.L.L., que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta resolución no DOG, con suxeición ó preceptuado no Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Previamente poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.
Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2000.
P.D. (Orde 12-1-1998)
Aurelio Miras Portugal
Director xeral de Turismo