Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 21 de xuño de 2000 Páx. 9.724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/110-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: Modf. 1 ó proxecto de L.M.T.S. San Roque-Palomas.

Situación: Ferrol.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 550 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV de 240 mm Al, que parte do C.T. San Roque e entra e sae no C.T. Palomas e conexiona a L.M.T.S. existente a C.T. Xeneral Aranda. Concello de Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de maio de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña