Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 21 de xuño de 2000 Páx. 9.724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/107-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: recuamento L.M.T.A. Tambre.

Situación: Noia e Outes.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea en triple circuíto a 20 kV de 803 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte das saídas subterráneas da central Tambre II e final na pasaxe aerosubterránea xunto central Tambre I, que subtitúe o tramo aéreo autorizado no (expediente 50610). L.M.T. aérea a 20 kV de 467 m de lonxitude en conductor LA-56 que parte da L.M.T. de triple circuíto autorizado no (expediente 50610) e final no apoio que se vai instalar na L.M.T.A. O Pumar e Savín. Concellos de Noia e Outes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de maio de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña