Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 21 de xuño de 2000 Páx. 9.697

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 24 de maio de 2000 pola que se establecen axudas para o fomento de actuacións destinadas á protección e defensas dos animais domésticos.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 108, do luns, 5 de xuño de 2000, cómpre face-la oportuna corrección:

-Na páxina 8.609, na disposición adicional, onde di: «...con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.342.A.760.20...», debe dicir: «...con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.342.A.760.0...».