Visto o texto do convenio colectivo provincial da hostalaría (código convenio nº 3200215), con entrada nesta delegación provincial o día 4-4-2000, subscrito pola parte económica pola Federación Provincial de Empresarios da Hostalería de Ourense, e da parte social as centrais sindicais UGT, CC.OO. e CIG, o día 20-3-2000 e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Ourense, 9 de maio de 2000.
José Lage Lage
Delegado provincial de Ourense
Convenio colectivo provincial de hostalería
Capítulo I
Disposicións xerais
Artigo 1º.-Ámbito funcional.
O presente convenio colectivo regula as relacións laborais de tódolos traballadores que desenvolven as súas funcións dentro de Ourense e a súa provincia, estean ou poidan estar incursos no acordo laboral
de ámbito estatal para o sector de hostalería asinado o 12 de xuño de 1996, código de convenio número 9910365.
Artigo 2º.-Vixencia e duración.
A duración do presente convenio será dun ano, con efectos de vixencia desde o día 1 de xaneiro de 2000 ó 31 de decembro de 2000. Os efectos económicos serán a partir do día 1 de xaneiro de 2000. Todo isto con independencia do seu rexistro pola autoridade laboral e publicación no BOP, salvo as excepcións indicadas no propio texto.
O convenio prorrogarase por períodos anuais ó non se denunciar por calquera das partes con antelación mínima de tres meses respecto á data da súa terminación, entendéndose por denuncia válida a efectuada por escrito certificado dirixido á outra parte, conforme ó previsto no Estatuto dos traballadores. A súa negociación efectuarase ó mes seguinte do seu vencemento.
Artigo 3º.-Garantía ad personam.
Por seren condicións mínimas as establecidas no presente convenio, deberán de respectarse as que veñan gozando os traballadores ou as que puidesen ser incrementadas por disposición legal, regulamentaria ou costume. Cando resulten máis beneficiosas para o traballador, respectaranse as condicións persoais que con carácter global excedan do presente convenio, manténdose estrictamente ad personam.
Capítulo II
Xornadas, horarios, horas extras, descansos
diarios, semanais e vacacións
Artigo 4º.-Xornada.
A xornada máxima de traballo para o persoal para o presente convenio para 2000 será de 40 horas semanais. Na xornada continuada computarase a media hora de comida como xornada efectivamente traballada.
Artigo 5º.-Horarios.
A elaboración e fixación de horarios de traballo, será de común acordo entre a empresa e os traballadores, a través dos seus delegados de persoal ou comités de empresa, os cales gozarán os 15 días laborais antes da súa aceptación para consultas de traballadores e demais organismos que consideren oportunos:
a) Os devanditos cadros horarios deberán estar expostos en lugar visible, debendo éstes sinala-la hora de entrada e saída, descanso diario e semanal e horarios das quendas.
b) Os cadros horarios deberán estar permanentemente expostos en sitios visibles nos centros de traballo.
c) Tales cadros horarios teñen que estar de conformidade co establecido no artigo 4º deste convenio, en canto a xornada máxima.
d) Os empresarios virán obrigados a fixarlles un horario especial ós traballadores que realicen cursos de formación profesional de hostalería, para os efectos de que sexa posible asistir ós citados cursos.
Artigo 6º.-Horas extraordinarias.
Cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da xornada ordinaria de traballo aboarase cun incremento do 100% sobre o salario que corresponda cada hora de traballo individual, de acordo coa táboa de salarios anexa ó presente convenio.
O número de horas extraordinarias non poderá ser superior a 2 ó día, 15 ó mes e 80 ó ano, así como as limitacións impostas para o efecto pola lexislación en cada momento.
Artigo 7º.-Descanso diario.
Entre a terminación dunha xornada e o comezo doutra deberá existir un intervalo como mínimo de 12 horas.
Artigo 8º.-Descanso semanal.
Os traballadores terán dereito a un descanso semanal mínimo de día e medio ininterrompido, atendéndose para o seu goce ó establecido na lexislación vixente.
Artigo 9º.-Festas aboables e non recuperables.
Se por necesidades do servicio e logo de acordo entre o traballador e a empresa se traballase en día festivo, aboarase da seguinte forma:
a) Se o traballador opta por que se lle compense economicamente o día traballado, deberá percibi-lo 150% do salario correspondente ó devandito día.
b) Se opta polo descanso compensatorio, terá dereito a día e medio ininterrompido, dentro da mesma semana na que coincida o devandito día.
c) O traballador ó que o seu descanso semanal lle coincida festivo, terá dereito a outro día de descanso na mesma semana.
Para tódolos efectos, o día 29 de xullo, día de Santa Marta, patroa da hostalería, 24 de decembro día de Noiteboa, e 22 de novembro consideraranse festivos.
Artigo 10º.-Vacacións.
O período de vacacións para o persoal afectado por este convenio será de 30 días naturais ininterrompidos.
Durante as vacacións o traballador percibirá con cargo á empresa o salario real correspondente á súa categoría profesional.
Os traballadores que á data determinada para o seu goce das vacacións non completasen o ano de servicio na empresa, ratearase polo tempo traballado.
Durante as vacacións anuais, o traballador percibirá con cargo á empresa o salario correspondente á súa categoría profesional, sendo estas retribuídas a salario real.
En cada empresa elaborarase un cadro de vacacións conforme establece a lexislación vixente, é dicir: nos tres primeiros meses do ano, no que se exporá o período de vacacións que gozará cada traballador, ou grupo de traballadores, intentando que sexan rotativas.
Capítulo III
Enfermidade, licencias, excedencias e
servicio militar
Artigo 11º.-Enfermidade.
No caso de enfermidade do traballador, a empresa está obrigada a satisface-lo complemento necesario para que, computando o que perciba con cargo á Seguridade Social, por prestación económica de IT, alcance o 100% do salario establecido no presente convenio.
A empresa reserva para si o dereito a recorrer ante a inspección médica para verifica-la autenticidade de calquera baixa por IT.
Artigo 12º.-Licencias.
As empresas afectadas polo presente convenio concederán as licencias retributivas que soliciten os traballadores, logo de aviso e xustificación e polas causas e prazos que a continuación se consignan:
a) Por matrimonio: 15 días naturais.
b) Por falecemento de fillos: 5 días naturais.
c) Por enfermidade grave, accidente, hospitalización ou falecemento de parentes ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade: 3 días naturais. Cando por tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de 4 días naturais.
d) Por asistencia a exames, o tempo necesario requirido por estes, quedando o traballador obrigado a xustificar tal circunstancia e a duración daqueles.
e) Por traslado de domicilio habitual: 2 días naturais.
f) Vodas de fillos, irmáns, bautizos e primeiras comuñóns de fillos: 1 día se é dentro da provincia, e dous se é fóra dela.
g) Para realización de funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.
Artigo 13º.-Excedencia.
Establécese a situación de excedencia voluntaria para o persoal afectado por este convenio, sendo preciso que para gozar tal beneficio se leve ó servicio da empresa máis de 2 anos. A permanencia na situación de excedencia á que se refire o parágrafo anterior non poderá ser inferior a tres meses nin superior a 5 anos, concedéndose esta por unha soa vez.
Causarase baixa na empresa, definitivamente, no caso de que finalizada a excedencia non solicite o traballador o reingreso por escrito con 1 mes de antelación ó vencemento da mesma.
No caso de solicita-lo reingreso das excedencias de igual categoría profesional, terá preferencia o que teña maior antigüidade na empresa. O traballador en excedencia non se poderá ocupar en ningún centro de traballo que desenvolva a súa actividade en iguais ou similares características á da súa profesión.
Durante o período de excedencia non percibirá soldo ningún.
Artigo 14º.-Servicio militar.
Os traballadores durante o servicio militar terán reservado o seu posto de traballo, entendéndose esta reserva ata os dous meses do seu licenciamento. Os traballadores que no momento da súa incorporación a filas leven dous anos de servicios na empresa, percibirán a primeira gratificación extraordinaria que corresponda aboar despois da súa incorporación, xa sexa no mes de xullo ou decembro.
Artigo 15º.-Axuda por xubilación.
Todo traballador que cese na empresa, tanto por xubilación como por pasar á situación de invalidez permanente, con máis de 5 anos de servicio, percibirá desta o equivalente ás seguintes cantidades:
-Ós 5 anos de servicio na empresa: 2 mensualidades.
-Ós 10 anos de servicio na empresa: 6 mensualidades.
Estas gratificacións percibiranas tanto o home como a muller, segundo o caso, se o traballador falecese antes de se xubilar e xa cumpridos os 55 anos, ou levase dez anos de servicio ininterrompidos na empresa, no momento da súa morte e no seu lugar os órfos de menos de 18 anos ou de máis se están incapacitados para o traballo.
Artigo 16º.-Código de conductas.
As relacións laborais na empresa discorrerán en todo momento polo camiño da igualdade, mutuo respecto e diálogo. O traballador obedecerá as ordes que lle correspondan á súa específica categoría profesional dentro do seu horario de traballo, salvo aqueles casos que fosen de excepción.
Artigo 17º.-Ascensos.
Os ascensos de categoría profesional produciranse tendo en conta a formación e a antigüidade do traballador na empresa.
Artigo 18º.-Cesamento, prazos e aviso previo.
Os traballadores que desexen cesar voluntariamente dos seus servicios na empresa veranse obrigados a poñelo en coñecemento desta por escrito ou a través dos delegados sindicais ou comités de empresa, cumprindo os seguintes prazos de aviso previo:
a) Xefes de grupos profesionais: 30 días naturais.
b) Resto de traballadores: 15 días naturais.
O incumprimento do traballador da obriga de avisar coa mencionada antelación, daralle dereito á empresa a descontar da liquidación do mesmo o salario dun día por cada día de atraso.
Capítulo IV
Aprendizaxe
Artigo 19º.-Concepto.
Os traballadores en calidade de aprendizaxe ligados á empresa, en virtude de contrato especial, polo cal esta á vez que utiliza o traballo do que aprende, obrígase a ensinarlle-lo oficio correspondente.
A aprendizaxe, que será sempre retribuída, dará lugar a un contrato especial que se rexerá, tanto no seu contido como na súa forma, e nas obrigas respectivas de cada unha das partes, respectivamente, ademais de polo regulado nas disposicións legais, polas seguintes condicións:
a) O número de horas de traballo á semana non poderá ser superior a 35 horas repartidas en 7 diarias durante 5 días.
b) Non poderán realizar horas extraordinarias.
c) A xornada de traballo non poderá comezar antes das nove da mañá, nin terminar despois das 22 horas, polo que non poderán realizar traballo nocturno.
d) A xornada de traballo será continuada con interrupción de 30 minutos para a comida.
e) As tarefas encargadas a estes traballadores, serán exclusivamente as pertinentes á categoría profesional para a que se están preparando.
Capítulo V
Retribucións
Artigo 20º.-Retribucións.
As retribucións de persoal afecto por este convenio serán as da táboa de salarios anexos a el, que serán de obrigado cumprimento para tódolos traballadores que presten os seus servicios no sector de hostalería con independencia da súa modalidade de contratación, incluídas aquelas contratacións que expresamente sexan contratadas a través das empresas de traballo temporal, as cales, e para este sector, deberán fixar estes salarios no documento contractual que formalicen coas empresas.
Artigo 21º.-Forma de pagamento.
O pagamento do salario efectuarase dentro da xornada laboral.
Artigo 22º.-Anticipos.
O traballador terá dereito a percibir anticipos á conta do seu salario sen que poidan exceder do 80% do salario ó que ten dereito a percibir.
Artigo 23º.-Recibos de salarios.
Tódalas empresas afectadas polo presente convenio, quedarán obrigadas a entregarlles ós seus traballadores no momento de aboarlle-los seus salarios un recibo (do modelo oficial) no que consten con toda claridade os seguintes datos:
a) Os datos da empresa e os profesionais do traballador.
b) O período de tempo que se paga, a cantidade total e real en pesetas gañadas polo traballador, con especificación de todos e cada un dos conceptos polos que se cobra.
Os recibos de salarios téñense que referir a meses naturais concretos. Se a empresa pagase por semanas, quincenas ou calquera outro período inferior ó mes, estas cantidades consignaranse como anticipos.
Artigo 24º.-Salario base.
O salario bruto base anual para os traballadores afectados por este convenio desde a súa vixencia a partir do día 1 do mes seguinte á sinatura do presente texto e a súa publicación no BOP ata o 31 de decembro de 2000, serán os da táboa de salarios anexo ó mesmo (anexo II), que representa unha suba do salario base dun 3%.
Artigo 25º.-Antigüidade.
A todo traballador que na data do 31-12-1994 teña recoñecida antigüidade manteráselle esa contía, figurando na súa nómina o concepto «complemento de antigüidade por dereitos adquiridos».
A partir do día 1-1-1995 devengarase o concepto de antigüidade en quinquenios e na contía de 2.000 ptas. Tomarase como inicio para o dito cómputo do tempo o citado día 1-1-1995.
Artigo 26º.-Complementos de posto de traballo.
O traballador que desempeñe unha praza de categoría superior, percibirá o salario correspondente á mencionada categoría. Se o desempeño de tal actividade fose continuado durante tres meses ou alternos durante seis, o traballador consolidará o salario correspondente á citada categoría, logo de reclamación ante a empresa. Se por esixencia no traballo, sempre con carácter transitorio urxente e non reiterativo, se destinase un traballador a tarefas pertencentes a categorías profesionais ás que non estea adscrito, conservará a retribución correspondente á súa categoría. En todo caso respectarase a orde xerárquica profesional para adscribi-lo traballador de categoría inferior, sempre e cando non constitúa represalias, discriminacións, tratos vexatorios ou ofensivos.
Artigo 27º.-Gratificacións extraordinarias.
As gratificacións extraordinarias que as empresas lles veñen aboando ós seus traballadores serán aboadas en xullo e decembro respectivamente, e consistirán nunha mensualidade do salario real cada unha.
Artigo 28º.-Complementos en especie.
Todo o persoal que ata a data teña recoñecido este complemento seguirao percibindo sempre e cando non se faga uso do dereito de manutención, a empresa aboaralle 3.180 ptas. e 1.272 ptas. respectivamente por cada unha das 12 mensualidades.
Ós traballadores que fagan uso do dereito de manutención e aloxamento a empresa aboaralles 1.081 ptas. durante o período de vacacións independentemente dos complementos salariais previstos para estes conceptos.
Artigo 29º.-Gratificación de nocturnidade.
As horas traballadas durante o período comprendido entre as 10 horas da noite e as 6 da mañá, salvo que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno, en todo ou en parte, pola súa propia natureza, terán unha retribución específica incrementada, como mínimo nun 25% sobre o salario base.
Artigo 30º.-Roupa de traballo.
Anualmente as empresas subministrarán como mínimo a tódolos seus traballadores, sempre que se lles esixa a súa utilización, un uniforme completo, que constará de pantalón e camisa, ou saia e blusa.
Artigo 31º.-Contratación.
Para contribuír e darlle estabilidade ó emprego, as partes asignantes do presente convenio comprométense a fomenta-la contratación indefinida, como norma xeral de acordo coas novas modalidades de contratación.
Sen embargo, ó ser este un sector cunha problemática específica propoñémo-los seguintes modelos de contratación.
a) Contratos de formación.
O contrato de formación terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o desempeño adecuado dun oficio ou dun posto de traballo que requira un determinado nivel de cualificación.
Poderanse subscribir con traballadores maiores de 16 anos e menores de 21 anos, cunha duración mínima de 6 meses, e prorrogable ata un máximo de 3 anos.
O período de formación será do 15% da xornada máxima prevista no convenio, que poderá ser impartida dunha soa vez ó inicio do contrato.
O salario de contratación destes traballadores será igual ó 75%, 85% e 95% do salario base da categoría de axudante de camareiro ou similar, durante o primeiro, segundo e terceiro ano, respectivamente da vixencia do contrato. A aplicación deste salario será para os contratos formalizados a partir da entrada en vigor do presente convenio ou da súa publicación no BOP.
b) Cando as circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos así o esixisen, aínda tratándose da actividade normal da empresa, os contratos de traballo concertados de acordo co establecido no artigo 15, 1 B do Estatuto dos traballadores e os artigos 1 B e 3 do Real decreto 2546/1994, terán unha duración máxima de 13 meses e medio dentro dun período de 18 meses.
Poderán acollerse ó disposto nesta disposición tanto nos contratos pactados desde a publicación do presente convenio como aqueles que estean xa en vigor na data de xubilación do presente vonvenio e aínda non esgotaron a súa duración.
De formalizarse por tempo inferior ó citado de 13 meses e medio, poderán facerse prórrogas ata completar a totalidade do tempo de 13 meses e medio.
Artigo 32º.-Recoñecementos médicos.
Realizarase unha revisión médica anual o máis completa posible, que incluirá análises, exploracións radiolóxicas, auditiva a tódolos traballadores. O resultado da dita revisión médica será confidencial e o traballador recibirá copia dela.
Artigo 33º.-Réxime disciplinario polo acoso sexual.
Todo comportamento ou situación patente contra o respecto ou intimidade ou contra a liberdade dos traballadores, conductas de acoso sexual verbais ou físicas, serán conceptuadas como faltas graves ou moi graves. No suposto de que se leven a cabo servíndose da súa relación xerárquica con persoas con contrato laboral non indefinido, a sanción é aplicable no seu máximo grao.
O comité de empresa ou delegados de persoal e a dirección da empresa velarán polo dereito á intimidade do traballador afectado.
Artigo 34º.-Cláusula de revisión para o ano 2000.
Para o ano 2000 no suposto de que o incremento anual do IPC a 31 de decembro de 2000 supere o 2% correspondente ó IPC previsto para 2000 nos orzamentos xerais do Estado, efectuarase unha revisión económica sobre o exceso producido tan pronto se constate a dita circunstancia.
Esta revisión salarial realizarase sobre tódolos conceptos retributivos sobre os que se aplicase o incremento salarial do ano 2000, farase con efectos desde o 1 de xaneiro de 2000 consolidando a súa contía para efectos das sucesivas actualizacións salariais.
O dereito á dita revisión salarial alcanzará a tódolos traballadores afectados por este convenio durante todo ou parte de 2000, pertenzan ou non á empresa na data en que se produza a dita revisión.
A cantidade resultante, correspondente ó ano completo ou, se é o caso, a parte rateada aboarase (nunha soa paga) durante o primeiro trimestre do ano.
Capítulo VI
Disposicións adicionais
Primeira.-Comisión mixta.
Constitúese unha comisión mixta paritaria formada por cinco representantes da parte social, dos cales tres corresponderanlle á Unión Xeral de Traballadores (UGT), un a Comisións Obreiras (CC.OO.) e outro a Converxencia Intersindical Galega (CIG); e cinco da parte económica, compoñentes da comisión negociadora, así como polos asesores que as
partes xulguen oportunos, que terán voz pero non voto. Serán funcións desta comisión:
a) Interpretación auténtica do convenio.
b) Arbitraxe das cuestións de problemas derivados do presente convenio e sometidas á súa consideración por calquera das partes.
c) Intervención dos conflictos colectivos.
d) Vixilancia e cumprimento do pactado.
Todo isto sen prexuízo da competencia que a este respecto veña atribuída ós organismos ou autoridades competentes.
Segunda.-Servicios extraordinarios.
Consideraranse servicios extraordinarios aqueles que sexan realizados por traballadores alleos á empresa. Estes servicios serán retribuídos como mínimo de 5.491 ptas. por servicio.
As empresas que necesiten traballadores alleos a ela para este servicio ofrecerán estes obrigatoriamente ós profesionais do sector, a través do Instituto Nacional de Emprego, sempre que os mesmos reúnan as condicións esixidas polo servicio para o que son requiridos; no caso de non existiren estes na oficina de emprego, a empresa quedará en liberdade de contratar o igual que no caso de urxencia, no que, por ser festivo, a devandita oficina estea pechada.
Terceira.-En todo o non especificado neste convenio aplicarase o disposto no acordo laboral de ámbito estatal para o sector de hostalería asinado o 12 de xuño de 1996, código de convenio 9910365.
Cuarta.-Na táboa salarial anexa ó presente convenio especifícanse os salarios correspondentes ás distintas categorías profesionais de establecementos nas súas distintas modalidades, incrementados nun 3% para 2000.
Quinta.-As empresas están en boa disposición para estimula-los seus traballadores na realización de estudios ou asistencia a cursos de formación cultural ou profesional, en horas distintas á xornada laboral, correndo ó seu cargo o custo dos devanditos estudios, así como a concesión de premios en metálico, que teñen de estímulo ós traballadores que acrediten a regular asistencia e bo aproveitamento. As partes asinantes acordan que no mes seguinte á sinatura do convenio se constitúa unha comisión paritaria que permita o desenvolvemento dos distintos programas formativos.
Sexta.-Operador de son.
Todo traballador que realice as funcións de operador de son, en calquera establecemento de hostalería terá o grupo 4 da táboa de asimilación das categorías profesionais.
Sétima.-Xubilación anticipada.
As empresas poderán establecer cos seus traballadores pactos previstos no artigo 2.b do R.D. do 19 de outubro de 1981, nº 2705/1981, que desen
volve o R.D. Lei do 20 de agosto, sobre xubilación especial ós 64 anos.
Oitava.-Xubilación obrigatoria.
A partir do 1 de xaneiro de 1992 establécese a xubilación obrigatoria para todo traballador que cumpra ou cumprise a idade de 65 anos e que completase os períodos de carencia necesarios para percibi-la correspondente pensión de xubilación.
Novena.-As partes asinantes do presente convenio, en cumprimento do establecido no artigo 26.5º da Lei 1/1995, do 24 de marzo, fan constar que o salario en cómputo anual e en función de xornada establecida no presente convenio, para o grupo 4, categoría 1ª, sen antigüidade, e sen conta-las gratificacións nin complementos persoais, é de 1.548.670 ptas.
Décima.-Formación profesional.
As partes asinantes coinciden en que unha das causas da deficiente situación do mercado de traballo deriva do alonxamento da formación profesional respecto ás necesidades auténticas da man de obra, e da carencia dunha formación ocupacional continua para actualización e adaptación dos traballadores activos ás novas características das tarefas na empresa.
A formación profesional, tanto inicial como continua, cuns fins primordiais, son mante-la competividade da empresa e mellora-la calidade dos servicios que se prestan, á vez que facilita-lo perfeccionamento e a promoción profesional dos traballadores do sector comprendidos no ámbito do presente convenio, debe sustentarse sobre a base dun plan de formación profesional inicial e permanente que afecte os traballadores. O devandito plan terá como criterios prioritarios na súa actuación:
1. Traballadores menos cualificados, co fin de facilitarlles unha formación de base.
2. Preparación para a introducción de novas tecnoloxías e modalidades de servicio.
3. Cualificación daqueles traballadores que como consecuencia dos cambios na organización do traballo ou creación de emprego o precisen.
4. Plans de actuación coordinados para atende-las necesidades de formación dos traballadores das pequenas e medianas empresas.
5. Acceso de xoves parados mediante accións formativas, no marco do plan F.I.P., en colaboración coas institucións que se crea conveniente.
Co fin de facer efectivas ás accións formativas, as partes asinantes, acordan realizar por si mesmas, ou por medio de entidades especializadas, estudios de carácter prosprectivo respecto das cualificacións futuras e necesidades de man de obra no sector.
Constituirase, á sinatura do presente convenio, unha comisión paritaria de formación profesional, que estará composta por tres membros designados polos sindicatos e tres membros designados pola patronal, podendo acudir á mesa cantos técnicos ou asesores estimen oportuno as partes. Reunirase polo menos unha vez por trimestre.
As competencias da comisión de formación profesional serán:
a) Concreta-lo plan de formación e aprobalo, marcando prioridades, xunto coas actuacións necesarias para a súa elaboración e seguimento.
b) Proproñer accións formativas.
c) Coordina-las accións de formación e o seu financiamento.
d) Levar á práctica cantas accións en materia de formación profesional acorden ás partes.
Disposición transitoria:
Primeira.-O presente convenio é asinado pola Federación Provincial de Empresarios da Hostalería da Provincia de Ourense, dunha parte, e doutra as centrais sindicais Unión Xeral de Traballadores e Comisións Obreiras e a Converxencia Intersindical Galega, segundo o establecido na Lei 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o Estatuto dos traballadores.
ANEXO I
CLASIFICACIÓN DE ESTABLECEMENTOS E SECCIÓNS
Sección 1ª categoría 2ª categoría 3ª categoría 4ª categoría
hoteis-residencia,
albergues, paradores, apartamento,
estacións termais. e cámping
Fondas
casas de comidas e
cafés-bares, bares
americanos,
de festas, salas de té,
discotecas, tablaos
flamencos, salóns
de baile, casinos,
sociedades
* Sección 1ª Hoteis, hostais,
5 estrelas hoteis-
3 estrelas 2 estrelas 1 estrela moteis, hostais en
4 estrelas Cidades de vacacións
* Sección 2ª 3 estrelas Pensións, fondas, 2 estrelas Casas de hóspedes e pousadas 1 estrela
* Sección 3ª Restaurantes,
Luxo Segunda Terceira Cuarta tabernas que non Primeira serven comidas
* Sección 4ª Especial Primeira Segunda Cafeterías
* Sección 5ª cafés,
Especial Terceira whiskerías, Primeira Segunda Cervexerías, Chocolaterías, Luxo Cuarta xeaderías
* Sección 6ª salas
Luxo Primeira Segunda Terceira recreativas
ANEXO II
ÁREA FUNCIONAL PRIMEIRA (RECEPCIÓN, CONSERXERÍA,
RELACIÓNS PÚBLICAS, ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN)
Grupo profesional Tarefas Grupo
I. Xefe de recepción Xefe de recepción 1 2º xefe de recepción 2º xefe de recepción 3 Xefe de Admón. Contable xeral 1 Xefe 1º 1 Primeiro conserxe Primeiro conserxe de día 3 Segundo conserxe de día 5
Grupo profesional Tarefas Grupo
II. Recepcionista Recepcionista 4 Caixeiro 4 Conserxe Conserxe de noite 5 Administrativo Interventor 3 Contable 3 Oficial de 1ª 3
III. Axudante de recepción e conserxería Axudante de recepción 6 Axudante de conserxería 6 Axudante de conserxería 6 Axudante administrativo Oficial contabilidade 3 Aux. oficina e contabilidade 4 Aux. de caixa 5 Telefonista 5
IV. Auxiliar de recepción e conserxería Porteiro 7 Porteiro de coches 7 Porteiro recibidor 7 Porteiro de accesos 7 Porteiro de servicios 7 Vixilante de noite 7 Ordenanza de salón 7 Ascensorista 7 Mozo dos recados 7 Taquilleiro 5 Mozo equipaxes 7
ÁREA FUNCIONAL SEGUNDA (COCIÑA E ECONOMATO)
Grupo profesional Tarefas Grupo
I. Xefe de cociña Xefe de cociña 1 2º xefe de cociña 2º xefe de cociña 2
II. Xefe de partida Xefe de partida 3 Cociñeiro Cociñeiro 4 Reposteiro Reposteiro 4 Encargado de economato Encargado de economato 4 Encargado de almacén 4
III. Axudante de economato Axudante de economato 7 Mozo de almacén 7 Axudante de cociña Axudante de cociñeiro 5 Axudante reposteiro 6
IV. Auxiliar de cociña Fregador 7
ÁREA FUNCIONAL TERCEIRA (RESTAURANTES, BAR E SIMILARES)
Grupo profesional Tarefas Grupo
I. Xefe de restaurante-sala Xefe de comedor 1 1º xefe de sala 2 2º xefe de restaurante ou sala 2º xefe de sala 3
II. Camareiro Camareiro 4 Dependente 1º 4 Dependente 2º 6 Cafeteiro 5 Caixeiro comedor 5 Pranchista 4 Barman Barman 3 2º barman 4 Sumiller Sumiller 4 Operador son Operador son 4
III. Axudante de camareiro Axudante de camareiro 6 Axudante 6 Axudante pranchista 6 Axudante de barman 6 Axudante de dependente 6 Axudante de cafeteiro 6 Axudante de piso 6
ÁREA FUNCIONAL CUARTA (PISOS E LIMPEZA)
Grupo profesional Tarefas Grupo
I. Encargado xeral Gobernanta 2 Encargado de lencería 5 Encargado de lavandería 5
II. Camareiro de pisos Lencería 6 Camareira de pisos 6 Pranchadora-costureira 6 Lavandeira-zurzidora 6
III. Auxiliar de pisos e limpeza Persoal limpeza 7 Limpador 7 Mozo cuarto 6 Mozos de lavandería 6
ÁREA FUNCIONAL QUINTA (SERVICIOS DE MANTEMENTO
E SERVICIOS AUXILIARES)
Grupo profesional Tarefas Grupo
I. Xefe de servicio de catering Xefe de servicio de catering 1
II. Encargado de mantemento e servicios Encargado de traballos 3
III. Especialista de mantemento e servicios Mecánico-calefactor 4 Ebanista, carpinteiro 4 Electricista 4 Albanel, pintor, conductor 4 Fontaneiro, xardineiro 4
IV. Auxiliar de mantemento e servicios Axudante mantemento 5 Garda exterior 5
ANEXO III
TÁBOAS SALARIAIS POR GRUPOS PROFESIONAIS
Grupos profesionais 1ª categoría 2ª categoría 3ª categoría 4ª categoría
Grupo 1 141.026 137.711 134.407 131.120
Grupo 2 131.120 127.785 124.476 121.173
Grupo 3 123.852 120.545 117.236 113.924
Grupo 4 110.620 107.310 107.310 104.164
Grupo 5 99.551 96.241 92.934 92.934
Grupo 6 94.591 94.591 92.934 92.934
Grupo 7 94.591 94.591 92.934 92.934