Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 21 de xuño de 2000 Páx. 9.675

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2000 pola que se publican os resultados das eleccións de vocais do Consello Galego de Servicios Sociais e dos consellos provinciais.

Realizado o día 9 de maio de 2000 o acto de apertura dos sobres que contiñan os votos para a elección de vocais do Consello Galego de Servicios Sociais e dos consellos provinciais de Servicios Sociais, e realizado o seu escrutinio, de conformidade co disposto no artigo 3.5º da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 25 de xaneiro (publicada no Diario Oficial de Galicia nº 25, do 7 de febreiro)

pola que se establecían as normas para a constitución do Consello Galego de Servicios Sociais e dos consellos provinciais de Servicios Sociais, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Proclama-los candidatos electos, así como os suplentes do Consello Galego de Servicios Sociais:

-En representación das entidades que actúan na área das minusvalideces:

a) Psíquicas:

Titular: Julio César Cortiñas López.

b) Físicas:

Titular: Domingo Dosil Cubelo.

Suplente: Ángel Gárate Roca.

c) Sensoriais:

Titular: Feliciano Sola Limia.

-En representación das entidades que actúan na área da muller:

Titular: Mª Josefa Castro Aznar.

-En representación das entidades que actúan na área veciñal:

Titular: Arturo González Reboredo.

-En representación das entidades que actúan na área da terceira idade:

* Entidades que non dispoñen de centros asistenciais:

Titular: Mª Luisa Ansorena Hortega.

Supente: José Piñeiro Bernárdez.

-En representación das entidades que actúan na área da marxinación social:

Titular: Julio Antonio Soto Varela.

Segundo.-Proclama-los candidatos electos do Consello Provincial de Servicios Sociais da Coruña:

-En representación das entidades prestadoras de servicios sociais:

Titular: Ángel Gárate Roca.

Terceiro.-Proclama-los candidatos electos do Consello Provincial de Servicios Sociais de Pontevedra:

-En representación das entidades prestadoras de servicios sociais:

Titular: Oswaldo Davila Piñeiro.

Titular: Pablo Beiro Diz.

Cuarto.-Proclama-los candidatos electos do Consello Provincial de Servicios Sociais de Ourense:

-En representación das entidades prestadoras de servicios sociais:

Titular: Gustavo Gómez Novoa.

Titular: Delmiro Álvarez García.

-En representación das entidades veciñais:

-Titular: Ángel Álvarez Rodríguez.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xuris

dicción contencioso-administrativa e no artigo 74 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do Poder Xudicial, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2000.

P.S. (Decreto 138/2000, do 6 de xuño, DOG do 8)

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria