Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno en sesión do 25 de maio de 2000 aprobou a suspensión de licencias no termo municipal, sendo o teor do acordo o seguinte:

En sesión plenaria do 6 de agosto de 1999 o Concello Pleno acordou aprobar incialmente e someter a información pública o documento de revisión e adaptación do Plano Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol.

Para evitar que as novas determinacións que poidan xurdir do planemanto non coincidan coas licencias que poidan outrogarse durante a tramitación do documento; a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras en votación ordinaria e por unanimidade proponlle o Concello Pleno a adopción do seguinte acordo:

Primeiro.-Acorda-la suspensión polo prazo dun ano, contado desde a publicación do acordo, de todo tipo de licencias incluídas no ámbito do artigo 168 da Lei do solo de Galicia e o artigo 10 do Decreto 28/1999, do 21 de xaneiro, polo que se aprobou o Regulamento de disciplina urbanística, nos seguintes ámbitos:

Nos ámbitos actuais de aplicación das ordenanzas 2, 4, 13C, 14, 16, 17 e 18 e no solo urbanizable programado, non programado e solo non urbanizable protexido.

A suspensión de licencias aplicarase con excepción das que se relacionan a continuación:

-Obras que se engaden estrictamente no ámbito das necesarias para o mantemento e a salubridade das edificacións existentes.

-Obras de instalación de servicios públicos.

-Demolicións de construccións no caso de ruína.

-As de primeria utilización de edificios.

No resto do termo municipal só se outorgarán licencias para as obras incluídas no artigo 120.1º, parágrafo 2 do Regulamento de planeamento.

A suspensión rematará coa aprobación definitiva do planeamento.

Segundo.-Somete-lo acordo ás publicacións regulamentarias.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 2 de xuño de 2000.

Xaime Bello

Alcalde