Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Pleno do Concello de Ferrol, en sesión do vintesete de abril do ano en curso, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da rúa de nova apertura e rúa Río Xubia entre Retorta e rúa de nova apertura, presentado por Construcciones Pinfor S.C. e Promociones y Construcciones Fernández Sande, S.L.

De conformidade co artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 16 de maio de 2000.

Xaime Bello Costa

Alcalde