Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións que comprende o proxecto de parque eólico de Peña Armada. (Expediente 041-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, o Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, Lei 54/1997, de 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública por solicitude da empresa Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Estudio ambiental.

-Autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico de Peña Armada.

Peticionario: Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.

Capitán Haya, 53.

28020 Madrid.

Situación: Concello de Friol e Palas de Rei (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.588.000,00; 4.761.000,00)

V(0.591.000,00; 4.761.000,00),

V(0.590.000.00; 4.757.000,00),

V(0.588.000,00; 4.757.000,00),

Características técnicas do parque eólico:

-Número de aeroxeradores: 23.

-Potencia nominal unitaria: 900 kW.

-Potencia total instalada: 20,7 MW.

-Tipo de aeroxerador: Negmicon NM 900/52.

-Producción neta anual estimada: 52.776 MWh/ano.

-Orzamento total: 2.788.850.000 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-23 aeroxeradores tipo Negmicon NM 900/52 de 900kW de potencia nominal unitaria.

-23 centros de transformación de 100 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de

torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión soterradas para evacuación de enerxía a 20kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 20/66 kV.

-Subestación transformadora 20/66 kV, para evacuación de enerxía producida no parque eólico de Peña Armada, composta por una transformador principal 20/66 kV de 30 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, secccionamento manobra, medida e proteccción.

O que se fai público para coñecemento xeral, das persoas que sendo titulares para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas a este, nesta delegación provincial sita no edificio administrativo Ronda da Muralla 70 (27071 -Lugo), no prazo de 30 días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio de ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico de Peña Armada, poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Direccción Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo, concellos de Friol e Palas de Rei, e poderán presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Delegación Provincial de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Lugo, 29 de maio de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo