Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.
Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.
Denominación: L.M.T. O Barral.
Situación: Ponteareas.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 155 m de lonxitude, con conductor de aluminio de 95 mm, desde un apoio de formigón situado ó lado do pavillón deportivo, da L.M.T. Ponteareas-Ascensión, ata o C.T. existente do Barral, concello de Ponteareas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 16 de maio de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra