Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

INFORMACIÓN pública.

Aprobados os pregos de cláusulas económico-administrativas particulares para a contratación de pavimentación e servicios na rúa da Fonte, Calella da Feira e outras. Exponse ó público polo prazo de oito días hábiles para os efectos previstos polo artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

De conformidade co establecido no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente co prego de condicións a licitación, se ben esta se aprazará no suposto de se produciren reclamacións contra os pregos, ata que sexa resolta pola corporación.

1. Entidade adxudicadora. Concello de Becerreá.

2. Obxecto do contrato.

a) Proxecto de pavimentación e servicios na rúa da Fonte, Calella da Feira e outras.

b) Lugar de execución: Becerreá.

c) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 4.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

Provisoria: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento de contrata.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Becerreá. Avenida de Madrid número 2. Código postal 27640-Becerreá (Lugo). Teléfono: 982 36 00 04.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 7.1 e 7.2 do prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derraderia publicación.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en tres sobres pechados.

-Sobre A, subtitulado oferta económica, que deberá formularse conforme o modelo que figura como anexo II do prego, e que conterá ademais os documentos a que se fai referencia na cláusula 11.1 do prego.

-Sobre B, subtitulado personalidade xurídica, conterá a documentación sinalada na cláusula 11.2 do prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello de Becerreá. Avenida de Madrid número 2.

O prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

c) Admisión de variantes: admítese a formulación de variantes, tanto cualitativas (mellora de calidades) como cuantitativas (novas unidades de obra).

9. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Becerreá, ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Becerreá, 9 de xuño de 2000.

Antonio Fernández Pombo

Alcalde-presidente