Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2000 pola que se anuncia concurso público aberto e subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, para adquisición de moblaxe xeral con destino ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo. (SCS-54/2000) (4 lotes).

O Servicio Galego de Saúde, por proposta da División de Recursos Económicos, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la subministración que a seguir se cita:

Adquisición de equipamento de moblaxe xeral con destino ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo. (4 lotes).

Orzamento: catro millóns cincocentas doce mil cincocentas pesetas con IVE incluído. (4.512.500 pesetas co IVE incluído) (27.120,67 euros).

Lote nº 1: mesas e armarios. 1.064.500 pesetas. 6.064,77 euros.

Lote nº 2: cadeirado. 648.000 pesetas. 3.894,56 euros.

Lote nº 3: dotación vestiarios. 1.900.000 pesetas. 11.419,23 euros.

Lote nº 4: andeis metálicos. 900.000 pesetas. 5.509,11 euros.

Garantía provisional : a garantía provisional é o 2% do importe de licitación.Ve-lo punto 11 da folla de expecificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Forma de adxudicación: concurso público e procedemento aberto, polo trámite de urxencia.

Prazo de entrega: prazo de entrega máximo 30 días.

Admisión de variantes: admítese a presentación de variantes. Cada licitador poderá presentar proposicións individuais ata un máximo de tres (oferta base máis dúas variantes) e/ou proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dous.

Solvencia económica financeira e técnica: ve-lo punto 18 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 13 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

Documento de interese para os licitadores: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios centrais da División de Recursos Económicos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º en Santiago de Compostela, tódolos días laborais, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Servicio Galego de Saúde, antes das 14 horas do oitavo día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 27 62) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque nº 2, 2ª planta, a partir das 10 horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio da presente contratación de subministración será por conta do adxudicatario ou dos adxudicatarios do contrato.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos