Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.428

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión mixta prevista no artigo 50 do convenio colectivo para as industrias siderometalúrxicas da provincia da Coruña.

Visto o texto da acta da comisión mixta prevista no artigo 50 do convenio colectivo para as industrias siderometalúrxicas da provincia da Coruña (código convenio nº 1500825) con motivo da reunión do día 21 de marzo de 2000 a petición da Confederación Intersindical Galega (CIG) sobre interpretación do artigo 1 do devandito convenio colectivo e aplicación do convenio á empresa Inconta, S.L., de conformi

dade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de maio de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta da comisión mixta

Na Coruña, ás 17 horas do día 21 de marzo de 2000, reúnense na sala de xuntas da Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos da Coruña sita no polígono de Elviña 2ª fase edificio San Carlos comercial 1º, a comisión mixta do convenio colectivo para a industria siderometalúrxica da provincia da Coruña, coa asistencia dos seguintes señores: pola parte empresarial José Ardavín Álvarez por Sidero, Juan García Varela por Talleres, Manuel Miñones Trillo por Asinec e Manuel Pereiro Díaz por Agasca. Pola parte social Eusebio Oreona Martínez por UGT e Nicolás Pato Pérez por CC.OO., realiza as funcións de secretario Juan Salle Barreiro Pérez.

A reunión realízase por petición da Confederación Intersindical Galega (CIG) para que esta comisión mixta se pronuncie sobre se á empresa Inconta, S.L. deberá aplicárselle o convenio colectivo de siderometalúrxicas da Coruña.

Trala lectura e análise da documentación que nos foi facilitada consistente en:

-Obxecto social da empresa reflectido no artigo 2 dos seus estatutos.

-Informe da Delegación de Traballo da Coruña.

-Copia do contrato de traballo dun traballador.

-Censo da empresa coas categorías dos traballadores.

E trala interpretación da redacción do artigo 1 do convenio colectivo para as empresas siderometalúrxicas, tómase por unanimidade o seguinte acordo:

A empresa dedícase ó mantemento, instalación e información de consumo de toda clase de contadores instalados a terceiras persoas, por tanto, esta comisión mixta entende que se a actividade principal da empresa Inconta, S.L. é a do mantemento e instalación dos contadores eléctricos, está incluída no ámbito de aplicación deste convenio e a actividade de lectura de contadores podería considerarse como unha actividade auxiliar das empresas dedicadas ós tendidos de liñas eléctricas e concretamento das dedicadas á instalación, montaxe e reparacións eléctricas.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 19 horas.