Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 16 de xuño de 2000 Páx. 9.412

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ACORDOS marco de subministracións de diverso material sanitario funxible.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado en subscribir acordos marco de subministración, non exclusivos, de material sanitario funxible, para as súas unidades de alta tecnoloxía.

Número de expediente: AT/009/2000.

Subministración.

Diverso material sanitario funxible:

-Lote I: catéteres e introductores.

-Lote II: suturas de cirurxía cardíaca.

-Lote III: desbotables de quirófano.

-Lote IV: material de curas e apósitos.

-Lote V: material de administración de fluídos, punción, incisión hemostasia e peche.

-Lote VI: repostos.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, praza Europa 5A-6ºB Área Cetral-As Fontiñas 15703 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, nos quince días naturais a partir da data da publicación no DOG.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto Galego de Medicina Técnica. Teléfono: 981 57 76 50.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2000.

Íñigo Álvarez Canoa

Director xerente do Instituto Galego de Medicina

Técnica, S.A.