Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 16 de xuño de 2000 Páx. 9.412

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO da convocatoria pública e bases do posto vacante que se cita.

Especialista en cirurxía cardíaca, xefe clínico, referencia: XCC.

Titulación: título homologado en medicina e cirurxía, con especialidade en cirurxía cardiovascular.

Formación específica en dirección ou organización de institucións sanitarias.

Experiencia: experiencia mínima de dez anos como especialista en cirurxía cardiovascular, acreditando a realización dun mínimo de 1.000 intervencións

con circulación extracorpórea. Experiencia acreditada en postos de responsabilidade nun servicio de cirurxía cardiovascular durante un mínimo de cinco anos.

Procedemento de selección: valoración dos méritos (65%) e entrevista persoal (35%).

Presentación de solicitudes: os interesados que cumpran os requisitos esixidos deberán remiti-lo seu currículo, indicando a referencia que se indica, no prazo improrrogable de quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, a: Instituto Galego de Medicina Técnica, praza Europa, portal 5A, 6ºB, 15703 Santiago de Compostela.

Deberá presentarse copia compulsada dos certificados de servicios prestados, dos diplomas acreditativos de cursos, e do título mínimo esixido para cada convocatoria.

Íñigo Álvarez Canoa

Director xerente do Instituto Galego de Medicina

Técnica, S.A.