Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 16 de xuño de 2000 Páx. 9.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-384).

Por resolución nº 2.789/2000 do 1 de xuño de 2000, acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación dunha zona de ordenanza 2, cidade xardín, variante 2A, na rúa da Marola, en Dexo, tramitado por Alberte Ansede Estraviz.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente nas Oficinas Municipais de Urbanismo de 9 a 13 horas tódolos días laborais, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 6 de xuño de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta