Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 16 de xuño de 2000 Páx. 9.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-346).

O Concello Pleno, na sesión que tivo lugar o día 29 de marzo de 2000, acordou aprobar definitivamente o Plan especial de reforma interior A Ferrala, na Ferrala nº 49, Liáns.

Contra este acordo, que pon fin vía administrativa, poderíase interpoñer recurso de reposición con caráctr potestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que o dictou (ó abeiro do

disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994 de modificación da Lei 30/1992 do RXAPPAC).

Tamén poderá contra esta resolución interpoñer, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa, Sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.

Oleiros, 11 de maio de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta