Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 16 de xuño de 2000 Páx. 9.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2000 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativa para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Bexo, xunto co proxecto e estudio de avaliación ambiental do concurso AC/41/1998.

Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegouse a petición de outorgamento de concesión e autorización administrativa para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Bexo, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo figuran os datos máis relevantes do peticionario do aproveitamento solicitado, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.

Co presente anuncio, para lle dar cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións estimen procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no

encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, s/n, 15071, Santiago de Compostela, e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da casa do concello de Coirós (A Coruña).

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición, copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Avda. Rodríguez de Vigurí 47, baixo A, 15703 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña: edificio administrativo Monelos, praza Luis Seoane 1ª e 2ª planta, C.P. 15008 A Coruña.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais do proxecto:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial de Medio Ambiente da Coruña: edificio administrativo Monelos, praza Luis Seoane 1ª e 2ª planta, C.P. 15008 A Coruña.

* Concello de Coirós: Coirós de Arriba, 16, C.P. 15316 A Coruña.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

RELACIÓN DE PETICIONARIOS

Peticionario e promotor: Aprenar, S.L.

Enderezo: rúa Beado, 43, Rocha Vella, C.P. 15706, Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no río Bexo, central hidroeléctrica de Bexo.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal detraído do río Bexo: 1.200 l/s.

Corrente de derivación: río Bexo (cota do aliviadoiro: 260,0).

Corrente de restitución: río Bexo (cota de restitución: 213).

Desnivel (salto bruto): 47 m.

Alturas do azude: 2,0 m (altura sobre fondo de cimentación).

Potencia xerador: 487 kVA.

Concello onde radican a toma e demais obras: Concello de Coirós (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude e obra de toma:

O azude será de gravidade, perfil transversal tipo Creager, e altura de 2,0 m sobre fondo de cimentación. A coroación do azude, sito no río Bexo, disporase a cota 260, e terá unha lonxitude de 9 m, que coincidirán co aliviadoiro.

A toma conducirá a auga pola marxe dereita.

-Conducción de derivación:

O encanamento de derivación, que será de fibrocemento, terá sección circular, de 900 mm de diámetro e 550 m de lonxitude. Irá soterrada na súa totalidade.

-Cámara de carga e encanamento forzado:

Na zona superior do encanamento forzado disporase unha pequena cámara de carga para absorbe-los volumes de auga circulantes pola conducción e desaloxalos no caso de peche rápido da turbina. O encanamento forzado será de aceiro ó carbono, cun diámetro interior de 800 mm e con lonxitude de 100 m. A espesura prevista é de 5 mm.

-Central:

A central estará nun edificio para albergar tódolos equipos electromecánicos, con dimensións en planta de 14x8 m.

-Equipos electromecánicos:

Instalarase unha turbina de tipo Francis de eixe vertical.

O xerador será síncrono, cunha potencia de 487 kVA, unha tensión nominal de 6.000 V e unha frecuencia de 50 Hz.

Completa o equipamento un transformador de potencia de 500 kVA.

Ademais situaranse diversos equipos auxiliares.

* Afeccións:

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento.

Relación de afectados:

RELACIÓN DE AFECTADOS

ConcelloPolíg.Nº predioPropietarioLonx. afectada (m)Superf. afectada (m)Elem. de afección

Coirós1722Gómez Rivera, Elvira160,00960,00Edificio central

Coirós1723Álvarez Gómez, Andrés18,0094,50Encanamento forzado

Coirós1724Álvarez Paz, Mª del Carmen18,0094,50Encanamento forzado

Coirós1725Gayoso Deyve, Carmen34,00178,50Encanamento forzado

Coirós17Camiño6,0031,50Encanamento forzado

Coirós1726Bellón Rodríguez, Emilio88,00462,00Encanamento forzado

Coirós1760Varela Mosquera, Manuel60,00315,00Cheminea de equilibrio

Coirós17Viaducto50,00262,50Derivación

ConcelloPolíg.Nº predioPropietarioLonx. afectada (m)Superf. afectada (m)Elem. de afección

Coirós1729Espada Tizón, Leonardo24,00126,00Derivación

Coirós1730Desconocido36,00189,00Derivación

Coirós1746Espada Tizón, Leonardo16,0084,00Derivación

Coirós1747Espada Tizón, Leonardo32,00168,00Derivación

Coirós1744Espada Tizón, Leonardo70,00367,50Derivación

Coirós17Camiño5,00262,50Derivación

Coirós1734López Somoza, Ricardo Antonio152,00798,00Derivación

Coirós1740Peña Sanz, Adela44,00231,00Derivación

Coirós17Camiño4,0021,00Derivación

Coirós1740Peña Sanz, Adela24,00126,00Derivación

Coirós1738Barallobre Mosquera, Manuel20,00105,00Azude

Coirós16171López Martínez, Generosa30,00240,00Liña eléctrica

Coirós17Río8,0064,00Liña eléctrica

Coirós1722Gómez Varela, Elvira10,0080,00Liña eléctrica

Coirós501 343Rodríguez Fernández, Ramona e outros18,0090,00Toma

Coirós501 344Carro Galeiras, Fco. Carlos15,0075,00Toma

Coirós501 345Gómez Rivera, José17,0090,00Toma

Coirós16195Somoza Dusser, Ricardo21,00105,00Toma

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme á normativa aplicable.