Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 16 de xuño de 2000 Páx. 9.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 24 de maio de 2000 pola que se recoñece unha escola de navegación de lecer e se autorizan novas instalacións permanentes.

A Orde do 31 de xullo de 1998 desta consellería (DOG nº 164, do 25 de agosto), establece o meca

nismo para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer.

Solicitados os ditos recoñecementos por dous centros, logo de cumprido o procedemento establecido, procede recoñecelo e realiza-la súa inscrición.

Polo exposto,

RESOLVE:

Artigo 1º

Recoñecer como escola de navegación de lecer na categoría que corresponda o seguinte centro:

Escola Básica de Navegación de Lecer (ENAL Básica-prácticas).

Santiago J. Moreno Gómez-Acebo y Otros, S.C., CIF: G-15737059, sito na localidade de Sada (A Coruña), e coa denominación comercial Altavela, inscrita co nº XGEN013.

O recoñecemento limítase á realización de prácticas básicas de seguridade e navegación.

Artigo 2º

Autorizar novas aulas permanentes á Escola Homologada XGEN011, Salvamento y Contraincendios, S.L., sitas na r/ Ronda de Outeiro, 37-baixo (A Coruña) e na r/ Senselle 14 baixo, de Ferrol (A Coruña).

Artigo 3º

Inscribi-la citada escola e a modificación necesaria no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2000.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246, do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura