Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 16 de xuño de 2000 Páx. 9.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/4-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Vilela-Guindeiras.

Situación: A Rúa.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 587 m en conductor LA-110, con orixe no apoio nº 86 da L.M.T. existente A Rúa-Vilamartín e final no C.T. existente en caseta de Guindeiras; desde o apoio nº 5 desta liña parte unha derivación de 13 m ata o C.T. en caseta existente en Vilela. Liña subterránea en conductor R.H.V. 12/20 kV con orixe na liña subterránea ó C.T. Cooperativa e con final na liña subterránea ó C.T. Guindeiras. C.T. pre

fabricado manobra exterior, de 630 kVA, 20.000/380-220 V en Rúa Vella. Redes de B.T. aéreas en Rúa Vella, C.T. Guindeiras, C.T. Campo Grande, e subterránea en Rúa Vella.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Ourense, 12 de maio de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense