Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 16 de xuño de 2000 Páx. 9.400

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/46-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Rudecas, S.L.

Domicilio social: Avda. Somoza, s/n, 32350 A Rúa.

Denominación: L.M.T e C.T., para secadoiro de castañas.

Situación: Larouco.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 276 m, en conductor LA-56, sobre apoios de formigón, derivada desde o apoio nº 167 da L.M.T. ó C.T. de Larouco e remata no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V preto da nave.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 11 de maio de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense