Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 16 de xuño de 2000 Páx. 9.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/122-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa de Madrid, 1-B, polígono das Fontiñas, 15000 Santiago de Compostela.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. estación de bombeo de Cebreiro.

Situación: O Pino.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 922 m de lonxitude en conductor LA-30 que parte da L.M.T. Millares-Quián e final no C.T. de bombeo de augas do Cebreiro. C.T. aéreo de 50 kVA e rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 390 m de lonxitude. Concello do Pino.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 2 de xuño de 2000.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións