Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.
Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes, contado desde o seguinte ó da publicación da presente cédula.
No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferen
cia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións nº 311.500.007.9 de Caixa Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, de 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).
E para que conste e sirva de notificación ós denunciados de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999 citada anteriormente expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra o 15 de maio de 2000.
Mª Cruz Tomé Navas
Xefa do Servicio Provincial de Transportes
de Pontevedra
ANEXO
infrinxido sancionador imposta
-Expediente-Matrícula-Denunciante -Denunciado-Último enderezo coñecido -Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k. -Precepto
-Precepto
-Sanción
M-8513-JM
G.C. de Tráfico Avda. de Cambados, 2
36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
14-4-1999; 17.56; N-525; 307.3.
PO-00926-O-1999
Rober & Carlos, S.L.
Transportar mobles, carecendo de tódolos distintivos de radio de acción. Servicio privado.
O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE do 30). Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990. 15.000 ptas.