Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 16 de xuño de 2000 Páx. 9.384

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2000 pola que se corrixen erros advertidos na Resolución do 26 de abril de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 19 de maio) pola que se convoca concurso público para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios.

Advertido erros no anexo I da resolución desta universidade do 26 de abril de 2000 (DOG do 19 de maio) pola que se convoca concurso público para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, este rectorado, ó amparo do previsto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico da administración pública e do pro

cedemento administrativo común, procede á súa rectificación nos seguintes termos:

Praza número: 00/17.-Onde di: «docencia en electrotécnica e máquinas eléctricas» debe dicir: «docencia en electrotécnia e máquinas eléctricas».

A Coruña, 26 de maio de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña