Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 16 de xuño de 2000 Páx. 9.384

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2000 pola que se nomea profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de proxectos arquitectónicos, do departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo, a Alfredo Alcalá Navarro.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 30 de xullo de 1999 (BOE do 25 de agosto), para a provisión da praza número 99/037 de profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de proxectos arquitectónicos, do departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo desta universidade, a favor de Alfredo Alcalá Navarro, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven resolveu nomear a Alfredo Alcalá Navarro, profesor titular de escola universitaria da área de coñecemento de proxectos arquitectónicos, do departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo desta universidade.

A Coruña, 26 de maio de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña