Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 16 de xuño de 2000 Páx. 9.370

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fai pública a relación de excluídos da categoría 027 (técnico/a superior, diplomado/a en informática) do grupo II (lista B) que emendan a causa de exclusión.

Finalizado o prazo fixado na Resolución do 22 de marzo de 2000 (DOG nº 67, do 5 de abril), pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 027 (técnico/a superior, diplomado/a en informática) do grupo II (lista B), e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, na súa sesión do día 31 de maio de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público o anexo a esta resolución coa relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, do grupo II categoría 027 (técnico/a superior, diplomado/a en informática) (lista B), e que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Os solicitantes relacionados estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da

Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa:

-Grupo II: 6.580 ptas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999, e corrección de erros do 13 de outubro de 1999.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os que non o fixesen así no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.

Os interesados disporán dun prazo de cinco día hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo, ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

Grupo II.-Categoría 027

DNI Apelidos NomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total

33.329.412ARES SENRADELIA00000000,7500,75

76.574.221BARRERA VAZQUEZRAMON00000,800,7501,55

76.902.976CASTRO CABALEIROFRANCISCO00000,2000,2

00.401.719CERDA IBAÑEZGONZALO DE LA00000,200,7500,95

32.793.524GIL DOCAMPOGUILLERMO00000,21,501,7

32.786.463GRANDIO RODRIGUEZJESUS00000,800,7501,55

35.557.994MOREIRA CESPEDESCONCEPCION00000,200,7500,95

34.990.078OLANO ESPINOSAMARIA ROSARIO0000000,7500,75

35.323.400SAAVEDRA CAMPOSSONIA0000000,7500,75

32.677.752TORRADO ARESVICTOR MANUEL0000000,7500,75

33.335.876ZAPATA FERNANDEZJOSE MANUEL0000000,7500,75