Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 16 de xuño de 2000 Páx. 9.369

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fai pública a relación de excluídos da categoría 018 (licenciado/a informático/a) do grupo I (lista B) que emendan a causa de exclusión.

Finalizado o prazo fixado na Resolución do 22 de marzo de 2000 (DOG nº 67, do 5 de abril), pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 018 (licenciado/a informático/a) do grupo I (lista B), e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, na súa

sesión do día 31 de maio de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público o anexo a esta resolución coa relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, do grupo I categoría 018 (licenciado/a informático/a) (lista B), e que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Os solicitantes relacionados estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa:

-Grupo I: 7.525 ptas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999, e corrección de erros do 13 de outubro de 1999.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os que non o fixesen así no prazo sinalado serán excluídos automaticamente das listas.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo, ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

Grupo I.-Categoría 018

DNI Apelidos NomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total

33.296.318BENDAÑA SAYANSPABLO00000,200,7500,95

34.973.957DIZ BOUZANJOSE ANGEL00000,210,7501,95

32.793.524GIL DOCAMPOGUILLERMO00000,2000,2

33.316.884GOMEZ FOLGUEIRAMARGARITA00000,210,7501,95

76.709.489MARRA BOLAÑOJOSE ANTONIO0000000,7500,75

33.858.260NUÑEZ QUIROGAMª TERESA0000000,7500,75

35.317.593PINTOS COUTOMARIA TERESA0000000,7500,75

33.329.037ROMAY DIAZMARINA00000,200,7500,95

35.319.106VAZQUEZ CARDESINANTONIO00000,800,7501,55

33.319.623VAZQUEZ LOPEZRAMIRO00000101