Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 15 de xuño de 2000 Páx. 9.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2000 pola que se declara aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos nas probas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de auxiliares administrativos do CIXTEC.

Ó abeiro do disposto na base 4.1 da Resolución do 22 de marzo de 2000, do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, polo que se convocan probas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do CIXTEC, de tres prazas de auxiliares administrativos, anúnciase que o director xeral deste centro dictou resolución pola que se declara aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos nas probas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de auxiliares administrativos do CIXTEC, polo trámite urxente.

Estas listas están expostas no taboleiro de anuncios do devandito centro e poden ser consultadas, así

mesmo, no seguinte enderezo de Internet http://www.cixtec.es.

Os aspirantes disporán dun prazo de 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio para corrixi-los defectos que consideren oportunos.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2000.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do CIXTEC