Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 15 de xuño de 2000 Páx. 9.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2000, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolven os expedientes de clasificación de montes desta provincia 2/1999 e tres máis.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 29 de marzo de 2000 na sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente, baixo a presidencia do seu delegado provincial, e coa asistencia dos vocais Emilio Sánchez Coto, Manuel Martínez Garrido, Manuel Veiga Franco, José Antonio Illán Torrón e do secretario Luis Quiroga Arnal, dictou a resolución de clasificar como veciñais en man común os montes seguintes:

Expediente número: 2/1999.

Denominación: monte Pedriña.

Pertenza: veciños dos lugares de Lama de Rei, O Mosteiro e Queirugal.

Parroquia: O Mosteiro.

Concello: Cervantes.

Superficie: 38 hectáreas.

Estremas:

Norte: linda co monte de San Tomé de Cancelada. Leste: linda con predios particulares.

Sur: linda con predios particulares.

Oeste: linda co termo municipal das Nogais.

Expediente número: 15/1999.

Denominación: monte Costa da Torre.

Pertenza: veciños da parroquia de Freán.

Concello: O Saviñao.

Superficie: 14 hectáreas.

Estremas:

Norte: camiño veciñal e predios particulares da Casa de Neira.

Leste: predios particulares e monte comunal da parroquia de Marrube.

Sur: predios particulares da parroquia de Freán.

Oeste: predios particulares da parroquia de Freán.

Expediente número 16/1999.

Denominación: montes Mora e O Fial.

Pertenza: veciños da parroquia de Fión.

Concello: O Saviñao.

Superficie: 14 hectáreas.

Estremas do monte Mora-(7 hectáreas):

Norte: camiño veciñal á parroquia da Cova, predios particulares da parroquia de Fión, monte veciñal da parroquia da Cova e predios particulares da Cova.

Leste: predios particulares da parroquia de Fión.

Sur: termo municipal de Pantón.

Oeste: termo municipal de Pantón e predios particulares da parroquia da Cova.

Estremas do monte O Fial-(7 hectáreas):

Norte: predios particulares da parroquia de Fión.

Leste: predios particulares da parroquia de Fión.

Sur: camiño veciñal de Fial.

Oeste: predios particulares da parroquia de Castillón (concello de Pantón).

Expediente número: 17/1999.

Denominación: montes As Barreiras, A Serra e Portela, Os Campileiros, Picote e Tralos Prados.

Pertenza: veciños da parroquia de Xuvencos.

Concello: O Saviñao.

Superficie: 53,5 hectáreas.

Estremas do monte As Barreiras-(5,5 hectáreas):

Norte: predios particulares da parroquia de Xuvencos.

Leste: predio particular de casas da cidade e camiño veciñal das Barreiras. Sur: predios particulares da parroquia de Xuvencos.

Oeste: monte comunal do lugar de Salgueiros (concello de Pantón).

Estremas dos montes A Serra e Portela-(31 hectáreas):

Norte: camiño veciñal de Xuvencos e predios particulares da parroquia de Xuvencos.

Leste: predios particulares da parroquia de Xuvencos.

Sur: predios particulares da parroquia de Xuvencos e camiño veciñal a Santadrao.

Oeste: predios particulares da parroquia de Xuvencos e camiño veciñal a Santadrao.

Estremas do monte Os Campileiros-(5 hectáreas):

Norte: camiño veciñal a Santadrao.

Leste: predio particular do lugar de Cazón.

Sur: monte comunal do lugar de Vilachá.

Oste: camiño veciñal a Santadrao.

Estremas do monte Picote-(9 hectáreas):

Norte: regueiro.

Leste: regueiro e camiño veciñal a Vilachá.

Sur: predios particulares da parroquia de Santadrao.

Oeste: camiño veciñal a Santadrao.

Estremas do monte Tralos Prados-(3 hectáreas):

Norte: predios particulares do lugar de Santadrao.

Leste: camiño veciñal a Santadrao.

Sur: camiño veciñal a Santadrao.

Oeste: predios particulares do lugar de Santadrao.

Contra esta resolución e desde a súa notificación ou publicación, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contenciosoadministrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 29 de marzo de 2000.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo