Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 14 de xuño de 2000 Páx. 9.140

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Frigoríficos de Galicia, S.A. (Frigalsa).

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Frigoríficos de Galicia, S.A. (Frigalsa), con nº de código 3600652, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-5-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, o 28-4-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de

funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de maio de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de Frigorificos de Galicia, S.A. (Frigalsa) para o ano 2000

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio regulará as condicións laborais e económicas da empresa Frigoríficos de Galicia, S.A. (Frigalsa) e atinxe a tódolos traballadores que prestan actualmente servicios nela, así como aqueles que sexan admitidos posteriormente, coa aclaración indicada no artigo 4º.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O presente convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2000 e finalizará o 31 de decembro do mesmo ano; será prorrogado se non existir denuncia expresa dalgunha das partes, cun mes de anticipación ó seu vencemento.

Artigo 3º.-Incremento salarial.

Para o ano 2000, a táboa salarial vixente durante o ano 1999 verase incrementada no 3% para tódolos conceptos retributivos. Se este incremento fose superado polo IPC oficial sinalado polo INE, revisarase ata un tope máximo do 0,5%.

Artigo 4º.-Condicións absorbibles.

Terán carácter de absorbibles e compensables en cómputo anual coas condicións aquí establecidas as melloras económicas e sociais que puidesen ser establecidas por calquera disposición durante a vixencia deste convenio.

Artigo 5º.-Xornada de traballo.

A xornada efectiva de traballo para todo o persoal da empresa será de 1.800 horas anuais distribuídas de luns a venres en xornada partida de 8 a 13 e de 15 a 18 horas, a excepción do novo persoal que poida ser contratado a partir do 1 de xaneiro de 1987, que convirá o seu horario coa empresa e o novo traballador. A xornada semanal tipo será de 40 horas ou a que se acorde nos traballos por quendas.

Artigo 6º.-Vacacións.

O descanso anual retribuído será de 30 días naturais, entre os que, polo menos 22, serán laborables, entendendo como tales para estes efectos os que non sexan sábados, domingos nin festivos. O seu desfrute realizarase, preferentemente, no período estival e segundo as necesidades de traballo na empresa, efectuándose dentro do persoal unha quenda rotativa canto á prioridade de solicita-la época do seu desfrute.

A empresa publicará o cadro de vacacións de todo o persoal no mes de febreiro de cada ano e entregará unha copia ó comité de empresa. A retribución do período de vacacións consistirá na totalidade do soldo percibido no mes anterior, a excepción das horas extra e a gratificación de transporte.

Artigo 7º.-Licencias.

A empresa concederalles obrigatoriamente licencia ós traballadores que o soliciten e o xustifiquen debidamente, sen perda nin prexuízo na retribución nos seguintes casos:

a) Casamento, quince días.

b) Nacemento de fillos ou enfermidade grave do cónxuxe, pais ou fillos, dous días, todo ampliable a tres días máis se se xustifica debidamente a súa necesidade, e sen retribución.

c) Falecemento de: cónxuxe pais; fillos e irmáns (consanguíneos ou políticos), tres días, falecemento dos demais parentes, un día.

d) Por traslado de domicilio habitual, dous días.

e) Casamento de fillos ou irmáns, 1 día.

f) A empresa concederalles permisos non retribuídos ós traballadores que o soliciten, polo menos con tres días de anticipación e sempre que as esixencias do servicio o permitan, estea suficientemente xustificado e poidan ser substituídos, establecéndose un máximo de cinco días laborables. Non poderán coincidir máis de dous traballadores no mesmo período.

Artigo 8º.-Antigüidade.

Pagarase por cuadrienios, consonte os importes correspondentes a cada categoría segundo se indica na táboa salarial anexa.

Artigo 9º.-Vestiario.

A reposición do vestiario do persoal será anual e efectuarase no mes de setembro de cada ano.

En canto ó persoal fixo-descontinuo, entregaránselle as pezas de roupa cada vez que realice o total de xornadas correspondentes ó ano de traballo (225 xornais).

Artigo 10º.-Pagas extraordinarias.

As pagas extraordinarais serán tres no ano da contía de 30 días do salario real máis antigüidade cada unha, e percibiranse o 15 de marzo, 15 de xullo e 15 de decembro de cada ano.

Artigo 11º.-Gratificación de transporte e distancia.

Establécese un complemento de transporte e distancia na contía total de 198 pesetas por un día efectivo de traballo.

Artigo 12º.-Complemento prestacional.

A empresa complementará ata un cento por cento a prestación correspondente á Seguridade Social, nos supostos de incapacidade temporal derivada da continxencia de accidente de traballo e enfermidade profesional.

Así mesmo, a empresa complementaralles ata un cento por cento a prestación correspondente á Seguridade Social ós traballadores que sufrisen unha intervención cirúrxica e o acrediten debidamente.

Artigo 13º.-Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de desemprego existente e co obxecto de facilita-lo emprego, quedan suprimidas as horas extraordinarias habituais.

Exceptúase da norma anterior:

a) As horas extraordinarias esixidas pola reparación de sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como os casos de risco de perda de materias primas e terminación de tarefas de carga e descarga de productos perecedoiros, neste caso, igualmente por causa extraordinaria non habitual, cun tope máximo dunha hora diaria, será de realización obrigatoria.

b) As horas extraordinarias causadas por pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza perecedoira das materias que se tratan, así como a subministración de xeo ós barcos pesqueiros, manteranse sempre que non caiba a utilización das disintas modalidades de contratación temporal ou parcial previstos nas disposicións xerais.

A dirección da empresa informará mensualmente o comité de empresa ou os delegados de persoal sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se for o caso, a distribución por seccións. Así mesmo, en función desta información e dos criterios sinalados anteriormente, a empresa e os representantes dos traballadores determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias.

En aclaración do concepto de hora estructural que contén o A.I., serán consideradas como tales as esixidas para a reparación de sinistros ou outros danos extraordinarios; as necesarias ante un risco de perda de materias primas e terminación de tarefas de carga e descarga de productos perecedoiros, e as necesarias para atender períodos punta de producción.

Artigo 14º.-Valor das horas extraordinarias.

O valor de cada hora extraordinaria será de 1.347 ptas., excepto as traballadas en sábados e festivos, que será de 2.473 ptas. A partir das 22 horas, as horas extraordinarias terán un valor de 3.092 ptas. nos sábados e festivos, e de 1.685 ptas. nos restantes días.

Artigo 15º.-Revisión médica.

A empresa porá ó dispor de todo o persoal unha revisión médica anual.

Artigo 16º.-Descanso de bocadillo.

Todo o persoal terá dereito a un descanso retribuído de 10 minutos, comprendidos entre as 10 e as 11 horas de cada día. Este descanso será distribuído polos encargados das seccións correspondentes.

Artigo 17º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria está formada, canto á empresa, por Teófilo Ceniceros Gallego, Adolfo Viéitez Davila e Jacinto Salvador Fernández, e por parte dos traballadores, por José Fernández González, Luciano Villar Rodríguez e Juan Carlos Sobrido Valverde.

Artigo 18º

Asinan este convenio, por parte da empresa; Teófilo Ceniceros Gallego (director xeral), Jacinto Salvador Fernández (director administrativo); Adolfo Viéitez Davila (director de planta) e Esperanza Riobó Ibáñez (administrativa). Como asesores da empresa: Manuel Blázquez Pallarés e Míriam Blázquez Astorga. E por parte dos traballadores, os membros do comité de empresa, José Fernández González, Luciano Villar Rodríguez, Jesús Sanmartín Torres. Non asinan este convenio coelctivo Juan Carlos Sobrido Valverde e José Manuel Campelos López.

Vigo, abril de 2000.

Anexo convenio colectivo ano 2000-táboa salarial

Categoría

Soldo

base

Complemento

convenio

Tox. penoso

ou nocturno

Gratif.

voluntaria

Total mes

Cuadrienio

Director administrativo127.75542.754-101.802272.3117.286
Xefe sección108.50240.147-76.345224.9946.186
Oficial 1ª administrativo108.50239.129-63.630211.2616.186
Oficial 2ª administrativo102.51534.038-37.099173.6525.845
Oficial 3ª administrativo96.43932.020-34.904163.3635.484
Auxiliar Admtvo. nivel 189.91731.495-36.074157.4865.112
Auxiliar Admtvo. nivel 264.59421.445-23.379109.4183.672
Auxiliar Admtvo. nivel 361.13220.297-22.124103.5533.475
Telefonista57.67419.149-20.87397.6963.303
Aprendiz Admtvo.56.51818.767-20.45595.7403.213
Mozo dos recados/ordenanza55.36618.383-20.03893.7873.148

Categoría

Soldo

base

Complemento

convenio

Tox. penoso

ou nocturno

Gratif.

voluntaria

Total mes

Cuadrienio

Xefe de sección108.50240.147-76.345224.9946.186
Oficial 1ª101.31130.53320.26127.924180.0295.761
Oficial 2ª99.81527.37119.96228.268175.4165.675
Oficial 3ª92.59527.90418.51925.525164.5435.265
Peón especialista89.91527.09417.98324.781159.7735.126
Axudante95.92028.43919.18414.032157.5755.453
Peón estibador83.33615.51916.666-115.5214.738
Peón72.05413.42514.412-99.8914.096
Xefe de sección108.50240.147-76.345224.9946.186
Maquinista105.29931.49621.06128.096185.9525.987
Oficial 1º maquinista104.41030.43820.88224.774180.5045.935
Oficial 2º maquinista99.81527.37119.96228.268175.4165.675
Axudante máquinas N-195.91827.48819.18420.903163.4935.452
Axudante máquinas N-295.91827.48819.18414.990157.5805.452
Axudante máquinas N-368.74119.69613.74714.980117.1643.909
Axudante máquinas N-457.27916.41511.45612.48497.6343.257
Vixilante N-187.45222.0818.74618.483136.7624.973
Vixilante N-269.28817.4866.92914.652108.3553.939
Muller limpeza N-186.17522.522-25.711134.4084.900
Muller limpeza N-263.17916.508-18.84898.5353.592