Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 14 de xuño de 2000 Páx. 9.133

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión negociadora do convenio colectivo do persoal laboral ó servicio do Concello de Viana do Bolo.

Visto o texto da acta da comisión negociadora do convenio colectivo do persoal laboral ó servicio do Concello de Viana do Bolo (código convenio nº 3200732, publicado no DOG nº 160, do 19 de agosto), con entrada nesta delegación provincial o día 31-3-2000, subscrita polos integrantes da comisión xeral de negociación do convenio colectivo, o día 17-2-2000, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 28 de abril de 2000.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta da reunión da comisión xeral de negociación

do convenio colectivo para o persoal laboral

ó servicio do Concello de Viana do Bolo

Asistentes:

Polo Concello de Viana do Bolo:

Alcalde-presidente: Sergio González Bruña.

Concelleiros:

Dosindo Guerra García.

Tomás Marchán Rodríguez.

Graciela Diéguez Rodríguez.

Jesús Vizcaya Prieto.

Åndrés Montesinos Rodríguez.

Delegados de persoal:

Helena Fernández Fernández (CIG).

Xosé Antón Rodríguez Camba (CIG).

Francisco Xosé Estévez García (CIG).

Asesores:

Miguel Diéguez Díaz (polo concello).

Birino Marcos Baamonde (polos traballadores/as).

Reunida, o día 17 de febreiro de 2000, nos locais do Concello de Viana do Bolo, a comisión xeral de negociación do convenio colectivo para o persoal laboral ó servicio do Concello de Viana do Bolo, trátanse os seguintes puntos:

1. Negociación do incremento que se lles imputará ós salarios do persoal laboral para o ano 2000, de acordo co pactado no artigo 21 b) (sistema de aproximación retributiva) do convenio colectivo publicado no BOP do 17-7-1999.

As partes chegan ó acordo de imputar como incremento ós salarios do persoal laboral un 10,7% da diferencia existente cos salarios dos funcionarios/as, consonte a táboa de equiparamento que se achega (anexo I) e de acordo coa fórmula contida para o ano 2000 no artigo 21 b) do convenio colectivo vixente (BOP do 17-7-1999), con efectos retroactivos ól 1 de xaneiro de 2000.

2. Estudio das propostas sobre a normativa pola que se regulará a convocatoria e elaboración das listas para a provisión temporal dos postos de traballo no Concello de Viana do Bolo, en desenvolvemento do artigo 14.3º b), provisión temporal, do convenio colectivo publicado no BOP do 17-7-1999.

As partes chegan ó acordo de aproba-la normativa pola que se regula a convocatoria e elaboración das listas para a provisión temporal de postos de traballo no Concello de Viana do Bolo, que se achega (anexo II).

3. Estudio das propostas sobre modificación de certos artigos do convenio colectivo vixente.

A comisión xeral de negociación acorda modifica-lo contido de certos artigos do convenio colectivo vixente, para efectos de adaptalos á realidade laboral da institución (anexo III). Así mesmo, ambas partes recoñecen lexitimidade mutua para adoptar este acordo, expresan que tales modificacións deben ser entendidas como un axustamento concreto e parcial dos artigos ós que afecta e nunca como unha negociación colectiva ou global do convenio para o persoal laboral ó servicio do Concello de Viana do Bolo, publicado no BOP do 17-7-1999, que mantén o seu vigor e condicións nos termos pactados nel.

Os artigos modificados (detallados no anexo III) entrarán en vigor no momento en que sexan publicados no BOP, substituíndo, modificando ou adaptando tan só os contidos dos artigos ós que afecten.

4. Proposta de inclusión do departamento de servicios sociais, salarialmente, no convenio colectivo.

A comisión xeral de negociación acorda que, unha vez que o Concello de Viana do Bolo dispoña da información económica do ano 2000 sobre a subvención da Administración autónomica para este

departamento, convocará no prazo dun mes a comisión negociadora do convenio, con vontade de homologar salarialmente este colectivo coas categorías equivalentes do convenio único para persoal laboral da Xunta de Galicia.

ANEXO I

Táboa salarial 2000

Concello de Viana do Bolo

PostoSalarios 1999+IPCSalarios 2000Salario equiparado 2003

S.B.C.CV.Ant.PE-VTot.S.B.C.CV.Ant.PE-VTotalS.B.C.CV.Ant.PE-VTot. M.

* Encargado
Francisco Morcate Sánchez120.56410.99631.057162.617126.54519.232033.239179.016176.46287.967051.446315.875

* Oficial de 1ª e Conduc.
Francisco X. Estévez García99.0504.0122.939106.001102.8437.0173.156113.016134.50132.0974.966171.565
Máximo Bembibre Vega99.0504.012621103.683102.8437.0171.086110.946134.50132.0974.966171.565
Bernardino Rodríguez Fdz.99.0504.01211.135114.197102.8437.01710.741120.601134.50132.0977.449174.048

* Auxiliar de clínica
Arminda Vidueira Jares86.7243.21013.455103.38988.9585.61412.653107.225107.60125.6775.958139.236

* Peóns e limpadoras
Fernando Fernández Castaño81.6924.01246586.16985.8647.01781493.694120.67832.0973.724156.500
Serafín García Couso81.6924.01217.629103.33385.8647.01716.540109.420120.67832.0977.448160.224
Federico Diéguez Asenjo100.2454.01222.033126.290102.4317.01719.875129.323120.67832.0971.862154.638
Domingo Estévez Yáñez81.6924.01246586.16985.8647.0171.01393.894120.67832.0975.586158.362
Xoán Vidal Rodríguez81.6924.01217.629103.33385.8647.01716.540109.420120.67832.0977.448160.224
Manuel García Rivera90.9694.01220.877115.85894.1487.01719.839121.004120.67832.09711.172163.948
Fabián García Furones81.6924.01211.59897.30285.8647.01710.955103.835120.67832.0975.586158.362
Antonio Yáñez Pérez81.6924.01232.936118.64085.8647.01730.607123.488120.67832.09711.172163.948
José M. Rodríguez García100.2454.012465104.722102.4317.017814110.262120.67832.0973.724156.500
Helena Fdez. Fdez. (3/4)62.0233.21014.47379.70665.7175.61413.40384.73396.54325.6774.470126.690
Dolores Fariñas Dmgz. (1/2)40.8462.0069.04651.89842.9323.5098.37754.81760.33916.0492.79379.181
Antonia Méndez Dgz. (1/2)40.8462.0069.04651.89842.9323.5098.37754.81760.33916.0492.79379.181
María García Vidueira (1/2)50.1232.0069.97362.10251.2163.5099.20563.92960.33916.0492.79379.181

* Conserxes
Xosé Antón Rdz. Camba90.9694.0127.191102.17294.1487.0177.019108.184120.67832.0975.586158.362
Nieves Vidal Nogueira90.9694.01219.256114.23794.1487.01718.989120.154120.67832.09716.758169.534

ANEXO II

Normativa pola que se regula a convocatoria

e elaboración das listas para a provisión temporal

de postos de traballo no Concello de Viana do Bolo

Norma 1ª.-Obxecto.

O obxecto desta normativa é regula-la convocatoria e elaboración de listas con aquelas persoas interesadas na cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo dos grupos e categorías da Administración do Concello de Viana do Bolo, que se especifican no anexo I, nos que a súa cobertura se considere de urxente necesidade, mentres non sexan ocupadas polo correspondente persoal fixo; en desenvolvemento e de conformidade co establecido no convenio colectivo para o persoal laboral ó servicio do Concello de Viana do Bolo (artigos 14.3º, 14.4º, 14.5º e 14.6º).

Norma 2ª.-Listas.

Para cada grupo e categoría dos que figuran no anexo I elaborarase unha lista, de acordo co disposto no convenio colectivo para o persoal laboral ó servicio do Concello de Viana do Bolo.

Cada interesado/a poderá presentar solicitude para ser incluído nunha ou máis listas. A súa orde de prelación virá dada pola puntuación obtida de acordo co baremo. Unha vez chamado para prestar servicios nunha das listas elixidas e logo da aceptación do posto de traballo, será excluído das demais listas.

Norma 3ª.-Solicitudes, apertura da convocatoria e prazos.

3.1. As solicitudes que presenten os interesados para a súa inclusión na correspondente lista dirixiranse á Comisión de Selección de Contratacións

Laborais Temporais do Concello de Viana do Bolo (Concello de Viana do Bolo, rúa da Constitución, nº 14) e axustaranse ó modelo que se inclúe nesta convocatoria.

3.2. A apertura da convocatoria e prazo para presentación de solicitudes serán os 30 días hábiles seguintes contados desde a publicación desta normativa no BOP e poderanse formular perante o rexistro xeral do Concello de Viana do Bolo.

Teléfonos de información: 988 34 01 20/988 34 00 54.

Norma 4ª.-Requisitos.

Os solicitantes deben reuni-los requisitos que para cada grupo e categoría se determinan no anexo I.

Os devanditos requisitos deben posuílos o último día do prazo para a presentación de solicitudes.

Así mesmo, terán que acreditar no momento no que acepten o posto de traballo que se lles oferte:

-Ter cumpridos 18 anos.

-Non padecer enfermidade, nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desenvolvemento das correspondentes funcións.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-Estar en posesión do título esixido para o grupo e categoría a que se accede. No suposto de que non acrediten estes requisitos, os solicitantes decaerán en tódolos seus dereitos e quedarán excluídos da lista.

Norma 5ª.-Documentación.

Canda a solicitude deberán presenta-las seguintes fotocopias cotexadas: DNI, cartilla da Seguridade Social, informe de vida laboral emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social ou certificación negativa de vida laboral, declaración da renda ou certificación negativa da declaración da renda.

Os méritos que invoquen os interesados e que, de acordo co baremo previsto, desexen que se lles teñan en conta, así como o cumprimento dos requisitos esixidos para cada grupo e categoría que se solicite, acreditaranse debidamente por medio de documentos orixinais ou fotocopias destes que se presentarán cotexadas fidedignamente, debendo numerarse de acordo co modelo anexo, significándose que non se valorarán aqueles méritos que a comisión considere que non estiveran suficientemente acreditados.

Os méritos admisibles e valorables serán unicamente os causados ata a data da publicación desta convocatoria.

Norma 6ª.-Elaboración das listas.

6.1. A comisión de selección para a cobertura temporal de postos de traballo reservados ó persoal laboral a que se refire o artigo 14.3º B1) do convenio colectivo será a encargada de elabora-las listas correspondentes. Por petición da comisión de selección, poderán nomearse comisións colaboradoras, e as súas funcións serán participar na aplicación do baremo ós méritos alegados polos interesados/as. En tódalas deliberacións da comisión de selección poderán estar presentes, con voz e sen voto, os asesores sindicais dos representantes legais dos traballadores/as.

6.2. Unha vez elaboradas as listas, o Concello de Viana do Bolo publicará no BOP, DOG e tres medios de comunicación de ámbito provincial, o anuncio da exposición destas nos taboleiros de anuncios do Concello de Viana do Bolo.

6.3. Os chamamentos realizaranse prelativamente, de acordo cos méritos baremados, por medio de telegrama. De non obterse resposta no prazo de 72 horas hábiles, chamarase o seguinte da lista e o aspirante decaerá no seu posto ata o final da lista.

6.4. A partir da publicación das listas, quedará sen efecto calquera lista anterior que puidera existir.

6.5. A apertura de novas listas realizarase cada catro anos. Cando nunha categoría se considere a necesidade de incluír novos aspirantes na lista xa aberta, reunirase previamente a comisión de control do convenio para efectos de estudiar e, se é o caso, aproba-lo tema.

De ser necesaria a apertura de novas listas por grupos e categorías, das definidas no anexo I, realizaraa a comisión de control do convenio.

Norma 7ª.-Baremo de méritos.

1. Circunstancias persoais:

-Residencia habitual, cun mínimo de 6 meses de antigüidade no Concello de Viana do Bolo (acreditada por medio de certificado municipal): 1 punto.

-Por cada mes acreditado como desempregado/a, por medio do correspondente informe de vida laboral, emitido pola TXSS: 0,01 puntos (máximo 0,5 puntos).

-Por cada persoa ó seu cargo, sen ingresos, que conviva no domicilio do solicitante, cun mínimo de 6 meses de convivencia: 0,25 puntos (máximo 1 punto). (Copia da declaración da renda, informe da vida laboral emitido pola TXSS, certificado municipal de convivencia).

-Por tratarse do 1º emprego 0,25 puntos (informe de vida laboral emitido pola TXSS).

2. Experiencia profesional e méritos académicos:

-Por servicios prestados na Administración local na mesma categoría á que se opta: 0,10 puntos/mes. (Informe de vida laboral).

-Polos servicios prestados noutras administracións públicas na mesma categoría á que se opta: 0,10 puntos/mes. (Informe de vida laboral).

-Por cada mes de servicios prestados en empresas privadas na mesma categoría a que se opta e referidos ós últimos 5 anos: 0,05 puntos/ano traballado; ata un máximo de 1 punto. (Informe de vida laboral).

A suma da puntuación destes parágrafos non poderá exceder de 2 puntos.

-Por cada curso de formación ou perfeccionamento impartidos polas administracións públicas, universidades, Inem, formación ocupacional ou continua e demais centros oficiais, relacionados coas funcións propias da categoría, ata un máximo de 2 puntos; baremados do seguinte xeito:

a) Curso de ata 30 horas: 0,05 puntos/curso.

b) Curso de ata 100 horas: 0,15 puntos/curso.

c) Curso de máis de 100 horas: 0,20 puntos/curso.

Tódolos cursos nos que non consten as horas serán puntuados polo parágrafo 4 a.

Tódolos cursos realizados teñen que estar directamente relacionados coas funcións que se van desenvolver.

-Por posuír unha titulación académica distinta e independente da requirida na convocatoria como requisito imprescindible para o acceso:

a) Título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente: 1,50 puntos.

b) Título de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico ou equivalente: 1,00 puntos.

c) Título de bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente: 0,50 puntos.

d) Graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente: 0,25 puntos.

Só se computará a titulación de máis nivel das alegadas.

-Polo coñecemento acreditado do idioma galego (só se valorará o grao superior alegado):

a) En grao de iniciamento: 0,5 puntos.

b) En grao de perfeccionamento: 0,75 puntos.

c) Curso de especialización: 1 punto.

-Por ter aprobado os exames realizados noutras oposicións e quedar sen praza (tanto estatais, autonómicos, como locais), sempre que estean relacionados coa praza que se vai cubrir:

a) Exame aprobado: 0,25 puntos (máximo 1 punto).

A puntuación obtida por cada aspirante seralle remitida por correo certificado ó enderezo que se indique na solicitude, xunto co resultado final da convocatoria, xuntando a lista definitiva.

De producirse empate na puntuación acudirase para dirimilo ó sorteo, do xeito que estimen máis conveniente os afectados; en caso de desacordo utilizarase o sistema da moeda. O sorteo realizarao, en presencia dos interesados, a comisión de selección.

Norma 8ª.-Interpretación e normativa supletoria.

A interpretación destas normas corresponde á comisión de control do convenio colectivo para o persoal laboral ó servicio do Concello de Viana do Bolo. A normativa supletoria é a disposta para o mesmo asunto pola Xunta de Galicia no seu convenio e decretos de desenvolvemento.

ANEXO I

CategoríaGrupoTitulaciónOutros requisitos esixidos

1Arquitecto1 ou ALicenciado en arquitecturaCarné conducir B

2Técnico superior educación física1 ou ALicenciado educación físicaCarné conducir B

3Profesor educación infantil2 ou BDiplomado EXB (especialidade educación infantil)

4Asistente social2 ou BDiplomado traballo socialCarné conducir B

5Técnico medio desenvolvemento rural2 ou BDiplomados en relacións laborais, económicas, empresariais, licenciado en xeografía ou licenciado en dereitoCarné conducir B

6Arquitecto técnico2 ou BEnxeñería técnica de arquitecturaCarné conducir B

7Técnico especialista en educación infantil3 ou CFP2-técnico especialista en xardín de infancia

8Administrativo3 ou CBacharelato FP2 ou equivalente

9Delineante3 ou CFP2 delineaciónCarné conducir B

10Encargado xeral3 ou CBacharelato, FP2 ou equivalenteCarné conducir C

CategoríaGrupoTitulaciónOutros requisitos esixidos

11Encargado/capataz de brigada3 ou CBacharelato, FP2 ou equivalenteCarné conducir C

12Técnico especialista en desenvolvemento rural3 ou CBacharelato, FP2 ou equivalenteCarné conducir B

13Técnico especialista arcquivos e bibliotecas3 ou CBacharelato, FP2 ou equivalenteCarné conducir B

14Técnico especialista en animación sociocultural3 ou CBacharelato, FP2 ou equivalenteCarné conducir B

15Oficial de oficios varios4 ou DGraduado escolar, FP1 ou equivalenteCarné conducir B

16Oficial electricista4 ou DGraduado escolar, FP1 ou equivalenteCarné conducir B + carné instalador electricidade

17Conductor4 ou DGraduado escolar, FP1 ou equivalenteCarné conducir C

18Auxiliar administrativo4 ou DGraduado escolar, FP1 ou equivalente

19Auxiliar axuda a domicilio4 ou DGraduado escolar, FP1 ou equivalenteCarné conducir B

20Animador sociocultural4 ou DGraduado escolar, FP1 ou equivalenteCarné conducir B

21Ordenanza5 ou ECertificado de estudios primarios ou equivalente

22Socorrista5 ou ECertificado de estudios primarios ou equivalenteTítulo oficial de

socorrista

23Peón de servicios varios5 ou ECertificado de estudios primarios ou equivalente

24Limpador/a5 ou ECertificado de estudios primarios ou equivalente

ANEXO II

Solicitude de cobertura temporal de postos de traballo

I. Datos do solicitante:

Apelidos:

Nome:

DNI:

Enderezo:

Localidade:

Concello:

Teléfono:

Nº S. Soc.

II. Solicita a súa inclusión na seguinte lista para a cobertura de postos de traballo con carácter temporal, ó abeiro da convocatoria aprobada polo Pleno do Concello.

Grupo do convenio:

(sinalar cun x)

Categoría:

IIIIIIIVV

IV. Documentación que achega:

-Relación de méritos que alega: anexo III.

-Xustificantes requiridos dos méritos alegados.

-Títulos académicos e profesionais requiridos.

-Fotocopias cotexadas do DNI, declaración da renda.

-Informe de vida laboral da TXSS ou certificacións negativas da AEAT e TXSS.

En Viana do Bolo, ... de...

Sinatura

Presidente da Comisión de Selección de Contratacións

ANEXO III

Relatorio de méritos

Apelidos e nome:

DNI:

Sinalar na columna da esquerda, cun número ou cunha aspa (x), os que se aleguen e uni-los certificados ou xustificantes oportunos, segundo as bases publicadas.

I. Circunstancias persoais

p Residencia habitual no Concello de Viana do Bolo

p Meses acreditados como desempregado/a

p Persoas a cargo, sen ingresos, que convivan co solicitante

p Por tratarse do primeiro emprego ó que o aspirante opta

II. Experiencia profesional e méritos académicos

p Meses de servicio prestados no Concello de Viana do Bolo na mesma categoría á que se pretende acceder

p Meses de servicio prestados noutras administracións na mesma categoría á que se pretende acceder

p Meses de servicio prestados na empresa privada na mesma categoría (5 últimos anos)

p Cursos de formación ou perfeccionamento relacionados coas funcións propias da categoría á que se opta

-Ata 30 horas

-De 30 a 100 horas

-De máis de 100 horas

p Titulacións académicas distintas á requirida

a) Título de licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente

b) Título de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico ou equivalente

c) Título de bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente

d) Graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente

p Coñecemento acreditado do idioma galego

a) En grao de iniciación

b) En grao de perfeccionamento

c) Curso de especialización

ANEXO III

Sobre modificacións, engadidos e adaptacións

de certos artigos do convenio colectivo para o persoal

laboral ó servicio do Concello de Viana do Bolo

(BOP do 17-7-1999)

As modificacións, engadidos, substitucións, supresións e/ou adaptacións que se acordan por medio deste anexo e que figuran en negrita só afectan ós contidos e artigos que se salientan con ese estilo de letra:

Artigo 1.-Ámbito persoal (engádese texto).

Tódalas normas contidas no presente convenio aplicaranse ó persoal laboral, fixo ou temporal ó servicio do Concello de Viana do Bolo. No que atinxe ó persoal temporal serán de aplicación tódalas normas que sexan compatibles coa natureza da súa situación laboral.

Artigo 8.-Traballos de superior e/ou inferior categoría (parágrafo 2: engádese texto).

a) A Alcaldía fará a adscrición dun traballador/a laboral a un posto de superior categoría logo do informe non vinculante dos delegados/as de persoal ou sindicais dos traballadores. Desde o primeiro día, o operario/a percibirá as retribucións asignadas á categoría á que se adscriba.

Artigo 9.-Segunda actividade (parágrafo último: modifícase texto).

Todo o persoal que pase a escala auxiliar será retribuído de acordo coas remuneracións que se pacten na comisión xeral de negociación do convenio para as categorías e postos que se desenvolverán.

Artigo 10.-Xubilación por incapacidade manifesta (suprímese todo o artigo).

Artigo 12.-Oferta de emprego público (parágrafo 1: engádese texto).

12.1. Logo da negociación cos representantes legais dos traballadores/as, na mesa de negociación do convenio, o Concello aprobará no prazo dun mes desde a aprobación dos orzamentos municipais anuais, a súa oferta de emprego público, que conterá obrigatoriamente tódalas prazas vacantes que non se pacten amortizar. Será convocada durante o primeiro trimestre do ano.

Artigo 13.-Promoción interna (parágrafo 5: modifícase texto).

A selección para a promoción interna farase por medio de concurso-oposición para as vacantes do sector técnico-administrativo. O persoal non cualificado seleccionarase consonte o baremo e as probas adecuadas ó posto de traballo. Para poder aplica-los criterios do concurso ou baremo será preciso supera-la oposición ou proba que se pacte na comisión de control do convenio. Así mesmo, os baremos serán acordados na comisión de control do convenio.

Artigo 14.-Provisión de postos.

14.3. A2. «Tribunais de selección» (modifícase e adáptase texto).

Os tribunais de selección estarán formados por:

-Presidente do concello ou concelleiro en quen delegue.

-Tres concelleiros (dous do grupo de goberno e un da oposición, rotando este semestralmente, entre o número de grupos políticos que conformen a oposición).

-Dous representantes do comité de empresa ou delegados de persoal.

-O secretario do concello ou funcionario/a en quen delegue, con voz e sen voto, así como dous asesores: un dos traballadores/as e outro do concello, con voz e sen voto.

14.3º B (parágrafo 6: modifícase texto).

De ser precisa a modalidade de calquera outro tipo de contratación temporal legalmente establecida deberase informar ó comité de empresa ou delegados de persoal, que emitirán informe previo non vinculante.

14.3º B1. «Tribunais de selección» (modifícase e adáptase texto):

Os tribunais de selección estarán formados por:

-Presidente do concello ou concelleiro en quen delegue.

-Tres concelleiros (2 do grupo de goberno e 1 da oposición, rotando este semestralmente, entre o número de grupos políticos que conformen a oposición).

-Dous representantes do comité de empresa ou delegados de persoal.

-O secretario do concello ou funcionario/a en quen delegue, con voz e sen voto, así como dous asesores: un dos traballadores e outro do concello, con voz e sen voto.

Artigo 15.-Vacacións (modifícase e adáptase texto).

Todo o persoal acollido a este convenio cun ano mínimo de servicios terá dereito a unhas vacacións retribuídas de duración igual a do mes natural en que se desfruten. De non levar un ano de servicios, desfrutaranse as vacacións en proporción ós días traballados, a razón de 2 días e medio por mes ou fracción de mes traballado.

A distribución dos períodos de vacacións farase por acordo entre o concello e a representación do persoal e deberá terse en conta a natureza específica dos centros e o seu correcto funcionamento.

O calendario de vacacións ultimarase antes do 30 de marzo de cada ano, debéndose efectua-las solicitudes antes do último día do mes de febreiro, logo da articulación das preferencias do seu desfrute.

Cando por necesidades do servicio o persoal teña que desfrutar obrigatoriamente as súas vacacións fóra do período establecido, as vacacións serán de 30 días laborables.

As vacacións anuais desfrutaranse preferentemente no período abranguido entre o día 1 de xullo e o 30 de setembro. Os traballadores/as poderán solicita-lo fraccionamento das vacacións en dous períodos, comezando sempre nos días 1 ou 16 de cada mes, como norma xeral. Cando a conveniencia do servicio aconselle o pechamento do centro, o desfrute das vacacións axustarase a ese período.

En tódalas situacións de IT ou baixa maternal que coincidan coas datas nas que deberán desfrutarse as vacacións, o desfrute posporase ás datas posteriores á situación de alta, agás que o período de baixa se iniciase con posterioridade ó principio do desfrute das vacacións e que este non se estenda máis aló do 31 de decembro do ano que corre.

Todo o persoal laboral vencellado a este convenio gozará como descanso os días 24 e 31 de decembro. Se por necesidades do servicio non se puidesen gozar eses días, facilitarase un descanso equivalente no mes de xaneiro seguinte, cunha compensación adicional igual a que teñen os domingos e festivos.

Artigo 16.-Licencias e permisos con soldo (modifícase e adáptase texto).

Todo o persoal laboral vinculado por este convenio, logo de aviso e posterior xustificación (agás os asuntos propios), poderá desfrutar das seguintes licencias:

a) Por casamento, o persoal laboral terá dereito a unha licencia retribuída de quince días naturais ininterrompidos.

b) En caso de enviuvar, o empregado público que teña fillos menores de seis anos ou dimunuídos, que non desempeñen actividade retribuída ningunha terá dereito a un mes natural de licencia.

c) Polo nacemento ou adopción dun/ha fillo/a e pola morte, enfermidade grave ou intervención cirúrxica do cónxuxe ou persoa que se atope ligada de forma permanente por análoga relación de afectividade co/a beneficiario/a ou dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, dous días cando o acontecemento se produza na mesma localidade e catro días cando sexa en localidade distinta.

d) O traballador/a cun fillo menor de nove meses terá dereito a unha hora de ausencia ó traballo. Este período de tempo poderase dividir en dúas fraccións.

e) Poderá dispoñerse de nove días ó ano, como máximo, de permiso para asuntos persoais sen xustificación. Se os servicios prestados son inferiores ó ano natural, os días para desfrutar serán en proporción ó tempo efectivamente traballado. Este permiso poderá desfrutarse ata o 15 de xaneiro do segundo ano natural, non podendo acumularse ós correspondentes dese ano. A petición realizarase por escrito 7 días antes do seu desfrute. O silencio será entendido como positivo.

f) Por traslado de domicilio sen cambio de residencia, un día; en caso de ter cambio de residencia, dous días.

g) Para concorrer a exames e demais probas de aptitude e avaliación en centros oficiais, durante os días da súa realización.

h) Poderá concederse permiso polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal.

i) Logo de aviso e posterior xustificación, o traballador/a terá dereito ó tempo necesario para asistir a consulta médica.

j) Para realizar funcións sindicais, de formación sindical ou de representación do persoal, nos termos legalmente establecidos.

Artigo 17.-Licencias e permisos con soldo parcial e sen soldo (modifícase texto).

17.1. Licencias con soldo parcial: quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de 6 anos, a un ancián ou a un diminuído físico, psíquico ou sensorial, que non desenvolvan ningunha outra actividade retribuída, ou non perciban ingresos superiores ó salario mínimo interprofesional, terán dereito a unha reducción da xornada total ordinaria dun máximo de tres horas, sufrindo como mingua salarial o importe proporcional ó tempo de reducción. A solicitude deste permiso efectuarase con quince días de antelación ó seu desfrute.

17.2 Licencias sen soldo: os traballadores/as fixos que leven como mínimo un ano de servicio poderán pedir licencias sen soldo, por un prazo non inferior a quince días e non superior a seis meses, nun intervalo de tempo de dous anos.

O traballador/a solicitará a licencia con, polo menos, quince días de antelación á data do inicio do desfrute; o concello contestará dentro deste prazo e, de non facelo, entenderase concedido o permiso.

Artigo 19.-Xornada laboral (parágrafo 1º: engádese texto).

A xornada laboral será a que legalmente se determine, sen que poida supera-las 37,5 horas semanais, de luns a venres, en xornada continuada preferentemente.

Artigo 20.-Descansos (parágrafo 3º: engádese texto).

Os traballadores/as do retén de obras, limpeza viaria, limpeza de edificios e recollida do lixo que teñan que supera-la xornada diaria, terán dereito a compensa-lo exceso de xornada en tantas horas libres como as excedidas, no día seguinte ó exceso. O traballador terá que comunica-lo desfrute das horas libres que lle correspondan.

Artigo 21.-Réxime retributivo (parágrafo 3º: suprímese o seguinte texto).

«Os traballadores laborais do Concello de Viana do Bolo contarán cun complemento voluntario mensual que será equivalente ó que perciban, como productividade, os traballadores/as funcionarios do Concello de Viana do Bolo, distribuído por categorías, grupos e niveis. Sempre que algún traballador funcionario conte co complemento de productividade, os traballadores laborais do grupo ó que pertenza contarán como mínimo co complemento mínimo do grupo ó que pertenza».

Artigo 21.-Réxime retributivo (tres últimos parágrafos: modifícase e adáptase texto).

Pagas extraordinarias: serán dúas ó ano e terán a seguinte configuración: as retribucións básicas sumaráselle o importe da antigüidade e seguerán o mesmo sistema de aproximación retributiva que o establecido para o salario mensual. Para 1999 será as que se recollen no anexo de pagas extras.

Serán satisfeitas conxuntamente coas nóminas de xuño e decembro.

O persoal laboral contratado a tempo parcial será retribuído proporcionalmente baseándose nas horas traballadas.

Artigo 23.-Gratificación de nocturnidade (parágrafo último: modifícase e adáptase texto).

Entenderase como hora nocturna a abranguida entre as 22 horas e as 6 horas do día seguinte.

Artigo 30.-Antigüidade (parágrafo último: modifícase e adáptase texto).

A antigüidade computarase para efectos económicos desde o primeiro ingreso ó servicio do concello, ata que se extinga a relación laboral con este. No caso de existir contratacións sucesivas, terase en conta para efectos da antigüidade todo o tempo traballado no concello, a non ser que se produza un período superior a un ano desde a extinción dun contrato e o inicio do seguinte. Neste suposto, antigüidade computarase para efectos económicos desde a data de ingreso no concello na que se cumpran os criterios definidos neste artigo.

Artigo 41.-Réxime disciplinario (adáptase texto).

O réxime disciplinario e o procedemento para a imposición de sancións, con plena observancia e en ausencia do disposto no Estatuto dos traballadores e demais lexislación laboral que sexa de aplicación, será o previsto para o persoal laboral ó servicio da Xunta de Galicia. En calquera caso a imposición de sancións deberá ser comunicada previamente ó comité de empresa ou delegados de persoal quen deberán emitir preceptivamente, informe. O incumprimento desa comunicación ós representantes legais dos traballadores/as produce a nulidade da sanción imposta. No caso de despedimento declarado improcedente por órganos xurisdiccionais competentes, será o traballador/a quen opte entre a indemnización legal ou a súa readmisión.