Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 13 de xuño de 2000 Páx. 9.097

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 11 de maio de 2000, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de execución número 2 (Alameda Talorío), promovido pola xunta de compensación da devandita unidade.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes contado a partir do día da publicación deste anuncio no DOG, prazo durante o cal se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Soutomaior, 15 de maio de 2000.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde