Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 13 de xuño de 2000 Páx. 9.097

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión realizada o 15 de maio de 2000, aprobou definitivamente o estudio de detalle sito na travesía de Linares Rivas, vía nº 5 do proxecto de urbanización das Brañas.

Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Pleno do Concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xurisdiccional mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

No suposto de que se interpoña recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo en tanto non se resolva expresa ou presuntamente o recurso de reposición interposto. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente desestimado. No suposto de desestimación presunta do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.

Non obstante, poderá interpoñer calquera outro que estime pertinente.

Sada, 16 de maio de 2000.

O alcalde

Rubricado