Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión ordinaria do día 28 de marzo de 2000, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, que conteñen proposta para ordenar volumes e reaxustar aliñacións e rasantes en parcela sita na Avda. de Finisterre-Arteixo, promovido por Fe Fernández Vispalia e Manuel Becerra Pardo, e redactado polo arquitecto José María Dopico Suárez, que queda sometido á información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición do presente anuncio; durante este prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10, 1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que estimen convenientes (expediente 7/2000 PED).

Do mesmo xeito, e en virtude do artigo 34 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, queda suspendido o outorgamento de licencias de edificación, parcelación e demolición no ámbito territorial comprendido no trazado de aliñacións a que afecta o estudio de detalle ata a súa aprobación definitiva.

Arteixo, 2 de maio de 2000.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde