Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2000, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación de subministración sucesiva de lentes e material de oftalmoloxía, mediante procedemento aberto. (Expediente 19/2000).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto: subministración sucesiva de lentes e material de oftalmoloxía.

Lote 1: lente cámara posterior de silicona.

Lote 2: lente intraocular de PMMA con heparina.

Lote 3: lente introcular de PMMA.

Lote 4: lente intraocular pregable acrílica.

Lote 5: viscoelástico de gran viscosidade, dispersivo, 0,55 ml, 14 mg/ml.

Lote 6: viscoelástico maior, cohesivo 0,85 ml, 10 mg/ml.

Orzamento estimado: 22.553.000 ptas. (vintedous millóns, cincocentas cincuenta e tres mil pesetas) IVE incluído. 135.546,26 euros (cento trinta e cinco mil cincocentos corenta e seis euros, con vinteseis céntimos de euro) IVE incluído.

Fianzas.

a) Provisional: no.

b) Definitiva: 4 % do orzamento de licitación. 902.120 ptas. (5.421,85 euros).

Lote 1: 98.000 ptas. (588,99 euros).

Lote 2: 159.000 ptas. (955.60 euros).

Lote 3: 104.000 ptas. (625.05 euros).

Lote 4: 231.120 ptas. (1.389,05 euros).

Lote 5: 70.000 ptas. (420,70 euros).

Lote 6: 240.000 ptas. (1.442,42 euros).

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999.

Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

Prazo de execución: 1 ano. Este contrato poderase prorrogar nos termos que recolle o punto 2.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditarase, como mínimo, polos documentos sinalados nos puntos 1 e 2 do anexo I do prego tipo de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica: acreditarase, como mínimo, polos documentos sinalados no punto 1 do anexo II do prego tipo de cláusulas administrativas.

Criterios de adxudicación.

1. Oferta económica: ata 50%.

2. Calidade dos materiais: ata 30%.

3. Servicio técnico da subministración: ata 20%.

Criterio da oferta desproporcionada ou temeraria: establécese respecto do ou dos prezos dos que a porcentaxe exceda en 35 unidades a media aritmética das porcentaxes de baixa de tódolos prezos ofertados, e iso nos termos que recolle o artigo 84 da LCAP, modificada pola Lei 53/1999.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Clínico de Santiago de Compostela, A Choupana, s/n, 15706, Santiago de Compostela, en días laborables, desde as 9 ata as 14 horas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico de Santiago de Compostela, A Choupana, s/n, 15706, Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico de Santiago de Compostela ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2000.

Jordi Riba Hibernon

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela