Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.943

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 9 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións de recursos interpostos contra os expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00514-I-1999).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións sancionadoras recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, que se transcriben definitivas en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala

do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 do Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 9 de maio de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

-Resolución

recurso

DX-00514-I-1999

C-0965-BX

IO1SSXU33259032

Transportes Mercedes y Bello, S.L.

Avda. de Lugo, 217

15899 Santiago de Compostela

(A Coruña)

Realizar transporte de mercadorías (madeira) co vehículo matrícula C-0965-BX (provisto de autorización MDPL), que xunto co semirremolque matrícula C-04390-R forma un vehículo articulado de 5 eixes que ten un PMA de 40.000 kg e que presenta un peso total en báscula de 44.550 kg, o que representa un exceso de peso do 11% sobre o seu peso máximo autorizado.

15-12-1999; 15.34; N-550; 95.9

Artigo 200.3º do Real decreto 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do Real decreto 1211/1990100.000 ptas.Desestimado