Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.901

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se elevan a definitivas as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ó proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocado por Orde do 16 de marzo de 2000 (DOG do 22 de marzo).

De conformidade co disposto no punto 19 da convocatoria do proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres, Orde do 16 de marzo de 2000 (DOG do 22), vistas as reclamacións presentadas contra a lista provisional de admitidos e excluídos, publicada pola Resolución do 3 de maio de 2000 (DOG do 11).

Esta dirección xeral resolveu elevar a definitivas as mencionadas relacións, coas modificacións recollidas nos anexos desta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2000.

Jaime García García

Director xeral de Persoal