Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.901

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 31 de maio de 2000 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os aspirantes que superaron os procedementos selectivos para o acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas convocados polas ordes do 19 de marzo de 1997 e do 15 de marzo de 1999.

Polas ordes do 17 de setembro e 19 de outubro de 1999 (DOG do 11 e 29 de outubro) nomeáronse funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas os opositores que superaron os procedementos selectivos convocados polas ordes do 19 de marzo de 1997 e 15 de marzo de 1999.

Rematada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Declarar apto na fase de prácticas e aprobado definitivamente nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 19 de marzo de 1997, a Manuel Ángel García Fernández, co DNI 34.977.123.

Segundo.-Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 15 de marzo de 1999 os opositores relacionados nos anexos II, III, IV e V da Orde do 11 de agosto de 1999 (DOG do 23).

Terceiro.-Quedan exceptuados do aprobado da fase de prácticas os opositores relacionados no anexo da Orde do 18 de setembro de 1999 (DOG do 27 de outubro) e o relacionado na Orde do 7 de febreiro de 2000 (DOG do 23 de febreiro).

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Director xeral de Persoal