Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Pleno do Concello de Ferrol, en sesión que tivo lugar o 12 de maio do ano que andamos, aprobou inicialmente o proxecto de estudio de detalle para o axuste de aliñacións no cuarteirón 28A-1 do Plan parcial reformado do polígono de Esteiro.

De conformidade co artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia (DOG).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 16 de maio de 2000.

Xaime Bello Costa

Alcalde