Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Organización de Autónomos y Profesionales de la Localidad de A Guarda.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e

Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Organización de Autónomos y Profesionales de la Localidad de A Guarda, que abarcan os seguintes ámbitos:

Territorial: local.

Profesional: empresas, integradas en tódolos gremios, oficios, profesións libres, actividades artísticas, agrícolas, gandeiras, pesqueiras, a tódalas que realicen un traballo por conta propia ou exerzan a súa actividade no ámbito territorial da Guarda.

Asinan a acta de constitución: Begoña Alonso da Costa e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 15 de maio de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra